1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dende hai uns anos destaca no eido cultural a impresionante labor desenrolada en Camariñas polo Coro Municipal. Xa non só nos diversos actos celebrados no noso concello, senón tamén en todas aquelas terras que teñen a sorte de ser visitadas por unha agrupación musical que destaca pola impresionante calidade das súas interpretacións musicais. Un dos derradeiros exemplos desta aseveración puidemos comprobala na V edición do Certame de Corais da Costa da Morte, celebrado recentemente en Vimianzo, evento no que participaron xunto a outras corais como Brisas do Mar de Corme, a Polifónica Municipal Atalaia de Laxe e Lusco e Fusco de Vimianzo. Ca presencia dos alcaldes de Camariñas e Vimianzo e ante 200 persoas, ademáis de polas sentidas pezas interpretadas polas mulleres camariñanas se por algo destacou o acto foi por dúas detalles entrañables: o primeiro polo estreo da nova vestimenta das integrantes da Coral Municipal, subvencionada integramente pola Deputación Provincial de A Coruña, e por outro pola sentida homenaxe que lle renderon interpretando a canción "El adiós del soldado" á malagueña Mari Carmen Linares Chica, a persoa que dende a súa Concellería de Servizos Sociais máis fixo para que a nosa Coral sexa a firme realidade que hoxe en día encandila auditorios ao longo de toda Galicia. Mari Carmen, vaise, volve a súa terra, pero deixará un legado que será lembrado durante anos.

Engadir un comentario