1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Imos agora cunhas das principais novidades da que foi a Mostra do Encaixe 2014. Tratouse dun dos clásicos de Camarinas.eu: o Mostra Beauty, ao cal se lle decidío dar curso legal, despois de falar ca organización do maior certame encaixeiro a nivel mundial. Nesta pasada edición presentouse dende Diego Alonso Fotógrafo un proxecto polo cal se faría en todas as vindeiras edicións o "Mostra Beauty", proxecto consistente en que uns meses antes da súa celebración realizaríase unha sesión fotográfica en exteriores emblemáticos do noso concello no cal as modelos elexidas (entre elas tamén do concello) lucirían os catro vestidos da colección gañadora do concurso de xoves deseñadores do ano anterior. Na Mostra 2014  estreamos este proxecto con tres modelos do concello (Nebry, Fátima e Bea) que foron seleccionadas polo noso equipo. A idea orixinal era a de seleccionar unha rapaza por parroquia (Camelle, Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas) pero ao final houbo un pequeno problema cun vestido da colección gañadora e quedou reducido a tres modelos. Este ano foi todo un pouco apurado pero para a edición vindeira contarase coa colaboración de varias peluquerías, floristerías, esteticiens, maquilladoras, etc.. todas elas tamén do concello para promocionar un pouco o traballo que se fai dende Camariñas xa que non só de encaixe vive a nosa economía. A sesión completa está colgada na web www.diegoalonso.es e tivo moito éxito con case 2.000 visitas en poucos días. Ademáis, no centro do salón de desfile da Mostra 2014 colocouse un roll-up de 2 metros de altura cunha foto da sesión na cal se incluío un hashtag #mostra2014 que tivo moito éxito tamén en twitter. Mentras entraba a xente tamén se pasaban as fotos da sesión nas pantallas da sala. E bueno, como anécdota recordar que (coma sempre) a xente xa lle buscou nome a estas tres rapazas: As Sirenas da Mostra.

Engadir un comentario