1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Remataba este domingo 20 de abril unha nova edición da Mostra do Encaixe, cada vez máis profesionalizada, cada vez máis orientada ao sector da moda, pasarela referente ineludible da máis exquisita artesanía do mundo. E tamén rematou cun rotundo éxito polo que se refire á asistencia de público: preto de 20.000 personas pasaron polo recinto feiral, en especial nunhas espectaculares xornadas de xoves e venres, supoñendo tales cifras un aumento considerable de afluencia respecto á derradeira edición. Polo que respecta á presencia de profesionais da moda, tamén neste aspecto a Mostra volvío a ser un punto de presencia obrigada para os máis prestixiosos nomes. Así, o primeiro premio de xóvenes deseñadores e o especial do público foi para  Eva María Trezado Carro, de Moaña (Pontevedra), o segundo para Sara Lage González e Lorena Grandío, de Lugo; e o terceiro para Mónica Guillán González, de Cambados (Pontevedra). Todos eles engrosan o seu bagaxe cun dos máis sobranceiros títulos que a día de hoxe se poden adquirir no mundo da moda: aqueles que outorga o máis importante certame encaixeiro a nivel mundial.

Engadir un comentario