1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un ano máis Camarñas engalánase para a mellor das Mostras e unha vez máis tamén a implicación de Camarinas.eu na mesma será total, absoluta, sen resquicio algún á improvisación nen ao descanso. Unha cobertura que nesta 24º edición do principal certame encaixeiro a nivel mundial será exhaustiva e que incluirá, ademáis da publicación diaria de canta novidade e noticia aconteza dentro do recinto da Mostra, un módulo especial en exclusiva para as notas de prensa que se vaian emitindo en relación do certame encaixeiro. E para ir quentando motores procedemos a publicar dous documentos gráficos que amosan ben ás claras o que significa a Mostra do Encaixe de Camariñas: o vídeo resumen do ano pasado, elaborado precisamente por Diego Alonso Freire, e o spot promocional da presente edición. Será do 16 ao 20 de abril de 2014 cando o principal acontecemento que sacuda as terras de Galicia aconteza na precisamente por elo chamada Vila das Palilleiras e alí, para a dar máxima promoción xornalística á mesma, estará Camarinas.eu. En corpo e alma ca nosa Mostra do Encaixe.

Engadir un comentario