Imos con outro exemplo dun emprendedor camariñán, unha desas historias de alguén que arrisca o seu patrimonio, as súas ilusións, nun proxecto empresarial que crea riqueza e, como consecuencia, postos de traballo. Trátase do noso querido amigo Roberto Soto Ameal que uns meses atrás probaba fortuna nunha liña de negocio ata antón descoñecida por estes lares, o dunha tenda altamente especializada para a venta de productos de alimentación destinados a deportistas, e abría NutriShop en Vimianzo. O éxito dun intento que o situaba como un pioneiro na Costa da Morte era instantáneo e agora, pasado un tempo, decidío abrir unha segunda tenda en Cee: Esqulture. A súa inauguración tiña lugar o sábado 8 de febreiro de 2014, e de seguro experimentará o mesmo éxito que a anterior. Desexámoslle a mellor das sortes a Roberto neste proxecto, outro máis, dun camariñán que decide probar sorte en aquelo que máis lle gusta, neste caso o esculturismo, ou o simple coidado do corpo, non todo vai ser abandoarse diante dunha televisión, ou peor, dun pc e hinchar como un hipopótamo. Por elo, porque só desta forma sairá España da crise (a pesar dos políticos) con cidadáns que se arriscan e apostan forte en épocas turbulentas, todo emprendedor camariñán atopará un oco nestas páxinas (que son as súas) para dar a coñecer o seu negocio. Porque non deixamos de estar todos no mesmo barco, e teremos que ser nós, en solitario, os que saquemos esto adiante.

Comentarios   

EMPRENDEDORES
+4 # RE: Case of Study - Roberto Soto Ameal, un emprendedor de éxito en CamariñasEMPRENDEDORES 15/02/2014 13:49
É esta xente a que nos trae parte do presente e o futuro e eu dígome ao meu mesmo ,¡¡¡ojala sálgache ben !!! e si sáeche ben e fasche millonario,que logo non sexas unha mala persoa,que che acordes dos teus comezos ,de onde vés e ao mesmo tempo que a xente non che envexe ,son persoas así as que necesitamos ,sorte emprendedor
Responder | Denunciar ante o administrador