4.5892857142857 1 1 1 1 1 Rating 4.59 (56 Votes)

Unha formación cáseque militar no Brunch deste xoves ao mediodía

Dous directores frente a frente: o Director de camarinas.eu Diego Alonso Freire e o Director da Escola Taller de Camariñas, Alberto Fuentes. A ocasión merecía a pena: un "brunch" (aperitivo que se toma entre o desaiuno e o almorzo) preparado polos alumnos para celebrar a fin do primeiro trimestre, e camarinas.eu non podía deixar pasar esta ocasión para poñerse ao día de como se desenrolaran os tres primeiros meses de actividade da Escola Taller, e coñecer a fondo as perspectivas de futuro cas que se encara o segundo e vital trimestre deste centro formativo que da unha nova oportunidade a unha xuventude que no seu momento non pudo ou non quixo ter acceso a unha formación académica.

A reunión tivo lugar no despacho que Alberto ten no Centro de Iniciativas Empresariais (C.I.E.) situado na Rúa do Río do Prado (ao lado da Clínica), un edificio que foi levantado no seu día polos alumnos de segunda escola taller que existío en Camariñas e da que Alberto Fuentes foi tamén director, e que contaba como alumno aventaxado a un xove e imberbe Diego Alonso Freire, o cal formaba parte da lexendaria sección de carpintería que tanta gloria lle dou ao noso pobo. ¿Quen non recorda daqueles bancos brancos que adornaban tódalas prazas da nosa querida Camariñas?

Alberto Fuentes, Director da Escola TallerPerdonando esta pequena disgresión, un Alberto volcado no seu traballo pasa a relatarnos o acadado ata o momento cuns números impresionantes: un 17% de alumnos obtiveron a calificación de "Moi apto", un 68% a calificación de "Apto" e tan só un 15% acadaron un "apto condicionado", o que suporá para eles que se non enmendan a súa actitude no segundo trimestre non poderán firmar o contrato laboral que lles suporá unha importante formación académica e profesional acompañada dun soldo que será o primeiro da súa vida para algúns destes alumnos. Estes números amosan o bo traballo e a espectacular profesionalidade do personal pedagóxico dos tres módulos de Cociña, Camareros e Animación Sociocultural.

E que en verdade que a formación que están a recibir os nosos alumnos abranguen diversos eidos de nivel formativo: así, están a recibir leccións de Inglés, Dereito Laboral, Informática, Seguridade e Hixiene no traballo,etc..., por só citar unhas poucas. Ademáis de todo o anterior, cando remate a Escola Taller algúns alumnos sacarán o título de E.S.O. supervisado por un instituto de Santiago de Compostela encargado especialmente delo. Por outra parte, Alberto amósase moi animado porque en datas moi próximas por fin poderán desenrolar o seu traballo no Centro Turístico de Aldea Madeira, en Brañas Verdes, nunhas instalacións de alto nivel tecnolóxico especialmente adaptadas para estes cursos formativos e todo elo nunha paraxe idílica.

Finalmente, unha vez rematada a entrevista tan só nos quedaba disfrutar do "Brunch" preparado polos alumnos e alumnas da Escola Taller, entre eles dúas das nosas "Camariñas Beauty", as dúas grandes amigas Maytiña e María Belén, as cales xa vimos que progresan adecuadamente. A comida foi digna de emperadores, máis ben incluso de zares, así si Nicolás II aínda estivera vivo seguramente se quitaría os seus guantes de cabritilla para chuparse os dedos. En fin, da gusto ver como unha boa iniciativa para darlle un futuro mellor á nosa xuventude vai discurrindo dunha forma tan profesional e ben levada. Esperemos que os alumnos aproveiten esta gran oportunidade que se lles brinda.

Comentarios   

DAPO DICE
+2 # RE: Finaliza o primeiro trimestre da Escola ObradoiroDAPO DICE 25/01/2008 16:21
TODAS TAN WAPAS Q LOS D CAMARINA BEAUTI TIENEN Q TENER PROBLEMS PARA ESCOGER A ESTAS CHICAS.MIS DEDOS YA VAN SOLOS PARA EL CAMARINA BIUTY PA VER A ESTAS GUAPS D LA SCUELA TAYER,
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # escuela tallerlucia018 25/01/2008 21:26
non lle dar tanto de comer a algunha qe xa atrancan a porta enteira de tanto comer de valde, qe ahi moita embidia neste pueblo.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # RE: Finaliza o primeiro trimestre da Escola Obradoirolucia018 26/01/2008 15:27
PERDONA EU NN ESCRIBIN ESE MENSAJE SN LUCI ESCRIBIO ALGUIEN QUE ME ANDUBO NO ORDENADOR BICOS!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
+2 # ............... ..MBCA 05/02/2008 14:38
a berda eq nos deron unha muy boa oportunidad nesa escuela tayer.eu ton encantada,enora buena diego polo reportaxe
Responder | Denunciar ante o administrador