1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Novo impulso á economía do noso concello ca inauguración dun novo establecemento comercial chamado a importantes empresas no futuro. Trátase de Carpintería Alberto que abría na tarde deste pasado sábado 28 de decembro de 2013 unha delegación do seu negocio na Avenida da Coruña, concretamente no edificio de Lagares. A ocasión dou lugar a un concurrido evento de carácter social ao que asistío un número nada desdeñable de veciños da Vila das Palilleiras. Tal vez foi pola impresionante variedade de pinchos de calidade que incluío a degustación de xamón de xabugo e un suculento surtido de ibéricos, todo elo regado cos mellores crianzas da nosa producción vitivinícola nacional. A partires de agora polo tanto esta importante empresa camariñana, responsable entre outros proxectos das dúas derradeiras instalacións interiores da Mostra do Encaixe, contará con esta sucursal como principal centro loxístico dende o que expandir o seu negocio basado en mobles de deseño e confección vangardista. A eles, como a todo empresario/autónomo camariñán que loita nestes duros días por abrirse camiño, crear riqueza, postos de traballo, desexámoslle a máxima das sortes.

Engadir un comentario