1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Hai veces nas que a contemplación dun sinxelo detalle fai que te zambullas de cabeza no dilatado seguemento dunha serie. Así un ve por pura casualidade o comenzo dun capítulo da segunda tempada de Breaking Bad cun narcocorrido de Los Cuates de Sinaloa ("Ahora sí le quedó bien a Nuevo Méjico el nombre... A Méjico se parece en tanta droga que esconde") e ahí dis bueno esto hai que velo todo dende o principio. Foi exactamente o que pasou un día con Don Draper: nun dos primeiros episodios do sexto ano de Mad Men cando estaba rodando un anuncio promocional no seu despacho, ao decirlle o director "quiero que sea usted mismo" unha demoledora escea mostrou toda a desolación dunha cara de pánico, de horror insondable ante o abismo da súa propia alma putrefacta, corrompida. Nesto, como en todo, as series españolas hai tempo que intentar seguir o legado de éxito das series norteamericanas e neste ámbito "Aida" hai tempo que se situou como unha das series máis famosas xa non de España senón de Europa con 10 tempadas seguidas en antena: nin máis nin menos que dende xaneiro de 2005 a emite en prime time Telecinco, por unha vez creadora dun producto dunha certa calidade. Responsable principal do seu éxito foi a actora Carmen Machi a cal este pasado sábado 28 de decembro a podíamos ver degustando as viandas do ristorante camariñán La Marina. A súa estancia na Vila das Palilleiras limitouse a un sinxelo día porque no caso de que esta gran intérprete pasase o fin de ano entre nós, sen dúbidas reservaría plato para a fantástica cea de Noitevella que este martes 31 de decembro terá lugar nun dos principais negocios hosteleiros do noso concello.

Engadir un comentario