1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Foi xusto hai un ano cando se vivía a derradeira gran mostra de loito e dor colectivas no heteroxéneo mundo do fútbol da Costa. Un fatídico 28 de novembro de 2012 falecía o que fora un dos seus mellores xogadores, un futbolista inclasificable, dotado dun talento innato e dunha electricidade meteórica, que convertío a banda esquerda do Hermanos Patiño nun tormento, un vía crucis, polo que deberon de pasar todas as defensas que tiveron a desgracia de encararse co xenial e chorado José Luis Campaña Carril "O Cotiño". Todo aquel pesar polo falecemento dun dos máis dotados futbolistas da historia da Vila das Palilleiras tivo a súa maior escenificación na emotiva homenaxe organizada un 9 de decembro conxuntamente por Camarinas.eu e un FC Camariñas entón baixo o firme timón de Pepucho e que agora sen embargo deambula pola 1ª Rexional a base de tundas campales e dunha certa confusión administrativa. Agora que se cumpre un ano da marcha do xenio, a súa familia decide organizar o seu 1º Cabodano. Ese será o momento para que algúns dos principais representantes do fútbol da Costa se xunten na Igrexa Parroquial de San Xurxo e rindan tributo ao lexendario extremo esquerdo. Será o vindeiro venres 29 de novembro a partires das 18:00 horas. Dende o ceo, Luis fará un alto no seu apaixoado seguimento do mundo do seu amado fútbol, deixará de contemplar por uns intres calesqueira partido que naquel momento se esté a disputar en calesqueira lugar, e feliz comprobará como segue a ser lembrado con cariño e emoción na lonxana Terra.
 

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Primeiro Aniversario do Falecemento de Luis "O Cotiño"Beldoña 25/11/2013 14:20
¡ Coma pasa o tempo !
DEP, Cotiño.
Responder | Denunciar ante o administrador