1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este xoves 7 de novembro de 2013 celebramos a xubilación do que foi profesor de Relixión durante moitos anos no Instituto Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, Jesús Nieto Baneira. Incorporado no ano 2000 ao centro, ao pouco de abrirse este, foi gañando curso a curso o cariño do alumnado, do persoal non docente e do profesorado, que compartiu con el a súa labor nas aulas ao longo dos case 13 anos de permanencia no instituto.

Á celebración acudiu non só o Claustro actual de profesores, senón antiguos compañeiros agora destinados noutros centros, pero que quixeron compartir con el estes momentos para desexarlle unha feliz xubilación e agradecerlle a súa grata compañía e a súa actitude sempre positiva.  El mesmo expresou que sempre quixo ser un máis, especialmente neste tipo de celebracións, pero para nós, os seus compañeiros no instituto, de agora en diante será un menos, porque sentiremos a súa ausencia, aínda que sempre terá as portas abertas.

En nome do claustro de profesores e achegados

Engadir un comentario