1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Xogadores do Real Madrid de Basket con Félix García Ínsua na Quintana

Debío ser que para conmemorar o primeiro proxecto serio do Real Madrid de baloncesto en 20 anos, dende os tempos dourados de Arvidas Sabonis, moitos dos integrantes da súa actual plantilla decidiron darse un garbeo por La Quintana. Atrás quedaron oceánicas travesías do deserto con planteis volteados ao completo dun ano para outro e confeccionados a base de talonario que descarrilaban sen remisión ao pouco de comenzado o curso baloncestístico. Foi ao final, xa por pura desesperación, cando se decidío ter un pouco de pacencia, darlle unha oportunidade a en tempos prolífica canteira branca (Mirotic) e confiar o proxecto a un home da casa (Paco Laso) para por fin chegar a toda unha final da Euroliga e facerlle dobrar os xeonllos ao Barça na tempada máis solvente dende mediados dos añorados 90 para o máis laureado do clubs de básket. Entón foi cando Dontaye Draper (non confundir co outro Draper, Donald, o concupiscente creativo publicitario de Mad Men), Sergio Llul e o prometedor Dani Díez visitaron o local rexentado por un dos grandes amigos desta redacción, puro orgullo do Concello de Camariñas enclavado no corazón de Santiago de Compostela.

Tamén pode ser que rematado o partido disputado contra o Obradoiro este pasado 28 de setembro de 2013 para homenaxear as víctimas do accidente ferroviario de Angrois decidiran estas tres estrelas brancas visitar o local máis de moda da capital santiaguesa acompañados pola derradeira fichaxe do Obra, o norteamericano ex-NBA Nick Minnerath. Foi esta unha desas ocasións nas que o conxunto madridista mostra de forma palpable o seu papel de conxunto comprometido e sensibilizado a flor de pel con calqueira das desgracias que aflixan á cidadanía desta España dos nosos días, xa sexa un terremoto que devaste Lorca, en Murcia, ou un dantesco accidente de tren que asole Galicia, e despraza sen ningún embarazo e de xeito completamente desinteresado ás estrelas que configuran os seus conxuntos de fútbol e básket. Todo o cal non deixa de estar mal nestes tempos turbulentos nos que outros clubs, máis que clubs, andan empeñados en servir de ariete para procesos independentistas, colaboran de forma activa cos mesmos ("Freedom For Catalonia"), só teñen ollos para os seus compatriotas e desprecian de xeito palmario aos seus afeccionados do resto da nación. Onde uns suman, outros restan.

Xogadores do Real Madrid de Basket con Félix García Ínsua na Quintana

Engadir un comentario