Toda a familia ao completo para celebrar os 50 anos de casados de Gumersindo e Dolores

Máis ou menos polos mesmos días nos que o principal evento gastronómico nacional cumpría 50 anos, a Festa do Marisco de O Grove, todo un xenocidio marisqueril continuado, centos de miles de persoas poñéndose as botas sen descanso durante 10 longos e fecundos días, un matrimonio residente na Ponte do Porto cumpría asemesmo as súas vodas de ouro. Cincuenta anos de sagrado matrimonio, toda unha vida un a carón de o outro. Aquelo de "hasta que la muerte los separe" cumprido a raxatabla e levado ata as súas últimas consecuencias. Eso pasa pouco agora. Pero si por un lado un relativismo salvaxe e unha oquedade vital desvirtúan os antigos mandamentos bíblicos, por outro a perda de raíces e unha crecente movilidade social fan hoxe case imposible a outra derivada do asunto que nos concerne: se hai cincuenta anos o fotógrafo encargado de recoller ante a posteridade un evento matrimonial era un pioneiro da fotografía da Ponte do Porto, se no caso de que houbera unhas vodas de prata alá polos tumultuosos oitenta o encargado da inmortalización da mesma sería o seu fillo, a quen se chamou para recoller as vodas de ouro non foi outro que o neto do primeiro.

A primeira edición da "Fiesta para la exaltación del Marisco" tiña lugar na península meca en 1963, pouco antes, o 19 de setembro Dolores Carril Lema e Gumersindo Lema López matrimoniaban. Natural ela de Xaviña, de O Allo él, conformaban unha unión intramunicipal, entre distintas parroquias do concello, algo que estaba de moda entón, en plena época do desarrollismo franquista, na estela dun Plan de Estabilización que ía sentar as bases da prosperidade económica dos seguintes 50 anos. Cumprido ese medio século de estabilidade material e afectiva, de amor e cunha descendencia firmemente asentada, tocaba desfrutar da celebración do fito histórico e ahí os dous fillos, Manolo e Marimar, sorprenderon a aqueles que lles deron toda unha vida cunha inmortalización do evento chamando a un fotógrafo: o neto daquel Manuel Alonso, "o Retratista da Ponte", que houbera xusto cincuenta anos retratara a dous xóvenes de 22 e 18 anos.

A perda das raíces. Nacido e criado na caribeña illa de Trinidad, cáseque a tiro de pedra das costas de Venezuela, descendente directo daqueles hindúes que a centos de miles a finais do século XIX emigraron cara outros puntos do Imperio Británico, educado na cultura inglesa dominante, transplantado a principios dos 50 a Oxford gracias a unha daquelas selectivas becas que o goberno da súa Maxestade concedía aos mellores e máis prometedores fillos das súas colonias, cando en 2001 concederon a Vidiadhar Surajprasad Naipaul (V.S. Naipaul, para abreviar) o Premio Nobel de Literatura éste tivo únicamente palabras de recordo para "Inglaterra, meu fogar, e a India, a terra dos meus antepasados". Nin unha palabra para Trinidad. Esto certamente non lle pasaba ao fotógrafo que, media vida despois, continuaba orgullosa e competentemente o legado de Manuel Alonso, "o Retratista da Ponte".

Comentarios   

Moncho de Dios
+3 # RE: 50 Aniversario de Gumersindo Lema e Dolores Carril na Ponte do PortoMoncho de Dios 04/10/2013 20:28
Que esos cincuenta años os sepan a poco,y como dice la cancion:
Que todas las noches sean noches de boda
Que todas las lunas sean lunas de miel.

FELICIDADES
Responder | Denunciar ante o administrador
rafael lema
+4 # noraboarafael lema 05/10/2013 09:43
noraboa
Responder | Denunciar ante o administrador
PEPE DE POULINO
+4 # NECESITO CARTOSPEPE DE POULINO 05/10/2013 11:08
Manolo senro de Chindo,tes a Pepe de Avelina todo cabreado el quer vender a sua leira e ti es o primeiro o que quer venderlla ,faiche unha rebaixa jrande,por ser pa ti ,asi que xa sabes,apura que a leira ten moitos solisitantes,em pesando polo Pichurri,ponte o tanto ,PEPE de Poulino dache fasilidades ,ves cos cartos e xa esta,non quer como outros que venderon e disque non lle pajaron
Responder | Denunciar ante o administrador