1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os rapaces do IES Pedra da Águia pasarono pipa na Marcha de Convivencia
Nada máis práctico para ir rachando o xeo e ir profundizando nun coñecemento mutuo entre docentes e alumnos dun centro escolar que organizar unha divertida escursión a pe xusto no principio de curso. Isto foi o que, acertadamente, prepararon os profesores do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto esta semana de finais de setembro de 2013 no que se organizou un ameno percorrido a pe no que os alumnos o pasaron pipa xunto aos seus tutores. Un traxecto de varios kilómetros que discorrío polo camiño que vai dende Santa Mariña ata a Praia de Arou na que algúns alumnos aproveitaron para darse un merecido e refrescante chapuzón despois da longa camiñata que se puxeron enriba do lombo. Unha boa iniciativa que, a tenor dos comentarios dos alumnos no blog da biblio do insti (pedradaaguia.blogspot.com.es), foi do máis divertida e productiva. Vaia dende aquí a nosa noraboa por esta boa e divertida iniciativa. Fonte: pedradaaguia.blogspot.com.es

Engadir un comentario