- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 26 Setembro 2013 26 Setembro 2013
Ata a lonxana Rexión de Murcia foi a recalar a nosa querida amiga Amalia Vigo Rego empuxada polo seu ímpetu empresarial. E a protagonizar toda unha señora noticia do prestixioso diario murciano "La Verdad". Porque na XXX edición da concurrida Feria de Artesanía de la Región de Murcia (FERAMUR) un expositor de Encaixes Melania estará presente e en virtude do mesmo o encaixe de Camariñas ocupará un lugar de privilexio. Sobre todo, unha impresionante réplica da mantilla de seda regalada no seu día polo Concello de Camariñas á Raíña Sofía, mantilla que lucío a monarca española nunha ocasión da importancia da voda da súa filla Elena e que Amalia valora nuns 7.000 euros. Aquela, a orixinal, fora confeccionada pola Asociación Rendas e protagonizou todo un enlace real e segunda ilustraba Amalia as novas xoias que saen das mans das nosas sufridas palilleiras seguen a ter destinatarios da maior enxundia, tal que a Duquesa de Alba ou diversas princesas árabes.
A réplica da mantilla real, de máis de dous metros de longo por 80 centímetros de ancho, será unha das pezas que os visitantes de Feramur poderán mercar no seu stand, pero alí tamén atoparán xogos de cama, mantelerías, guantes, delantais, xogos de tocador... a mellor e máis exquisita artesanía deste mundo competindo cos expositores de máis de 100 artesáns chegados dende oito países, nunha feira que amplía sensiblemente o seu número de participantes respecto de edicións precedentes. E alí estará esta camariñana que se laiaba ante os xornalistas murcianos de que esta edición será a derradeira na feira pimentonera ("Me jubilo, y ninguno de mis hijos quiere seguir con esto, porque es muy sacrificado") pero que así e todo aínda tiña tempo para facer patria e pregonar as maravillas e fermosura da súa vila da alma, esa Camariñas inmortal da que sae o mellor encaixe do mundo.
Comentarios
Virán outras á ocupar o teu lugar ( que así sexa ), aínda que, atrás. quedará esa parte da nosa vida que ha lembrar a Señora Melania, coma un anaco importante da nosa historia do encaixe.
Sorte
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.