1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

20 anos despois o Grupo de Gaitas de Camariñas voltou a reunirse no Restaurante O Meu Lar

En datas recentes tivo lugar en Camariñas un aniversario moi especial. Desta volta non se trataba dun vello e entrañable matrimonio que celebraba as súas vodas de plata, nin dun club de fútbol que festexaba o seu centenario, nin o medio século nin tan siquera o cuarto: tratábase do antigo Grupo de Gaitas de Camariñas que alá polas alboradas dos 90 tantas e tantas festas parroquiais amenizou a base da mellor música tradicional galega. Cómpre reseñar que a iniciativa de tan emotivo encontro saío dunha das máis antigas usuarias de Camarinas.eu, Karina (Pión), que dende uns anos xunto ao seu marido militar reside en Rota (Cádiz). Unha vez posta en marcha a idea as aceptacións a tan sinalada cea sucedéronse sen descanso entre os antigos membros do grupo e así no Restaurante Meu Lar tiña lugar esta fermosa comida de aniversario que reunía a case todos os integrantes dun dos grupos de gaitas máis famosos e relevantes da Costa da Morte.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.