Continúan a chegar malas noticias dende o Club Náutico e o camiño emprendido pola súa Xunta Directiva. Se en datas anteriores alertábamos sobre a execución de obras dentro do seu recinto sen a previa concesión de licenza municipal, obras precisamente adxudicadas á empresa familiar dun dos vocais da Xunta, sobre o silencio oficial respecto ao limbo xurídico no que se mantén unha Xunta Directiva non ratificada por asamblea algunha, sobre un local que por momentos parece unha taberna de colegas onde o seu máximo dirixente exercería de camareiro, ou respecto da escasa ansia cobratoria das débedas pendentes, agora temos que constatar con tristeza como a actual Xunta Directiva desprecia olímpicamente a parte da súa masa social, aquela que se mostra máis combativa, e non se digna responder ás solicitudes de información de socios de número da entidade. Algo nunca visto que sirve para constatar (tal e como xa alertara esta redacción no seu momento) a existencia de socios de primeira (os fieles) e socios de segunda sen précticamente ningún dereito máis alá do de pagar a súas correspondentes cuotas, eso sí (os disidentes). Algo vergonzoso e escandaloso nunha entidade que se pretendía exemplar e senlleira no ámbito náutico galego. Os comportamentos dictatorais xa están aquí.

Este pasado martes 20 de agosto cumpríanse xusto dous meses, 60 longos días de silencio sepulcral, dende que un escrito entraba polo rexistro do Club Náutico. O mesmo, asinado por unha socia de número, requería información ao Sr. Presidente da entidade respecto a unha serie de polémicos puntos que acababan de xalonar os primeiros tres meses de andaina da nova Xunta Directiva en funcións. Así, visto o escándalo sen precedentes en sociedade algunha que se saiba dun acta de asamblea asinada en exclusiva pola mesma persoa (onde poñe firma do Secretario: EL PRESIDENTE; onde poñe Visto e Prace do Presidente: EL PRESIDENTE) era normal que esta socia quixese botarlle un vistazo a este documento único na súa especie, singular exemplar sen parangón algún en toda a dilatada historia do asociacionismo internacional. Asemesmo solicitaba información pola non menos esperpéntica situación na que un socio expulsado da entidade (e sin dereito de acceso á mesma, non olvidemos) realizaba unha visita oficial por todo o alto acompañando ao Presidente de Portos de Galicia, examinaba as instalacións e degustaba encandilado uns sabrosos e copiosos pinchos pagados por tódolos socios.

Ademáis tamén inquiría sobre dous sonoros e soberbios batacazos un tanto gratuitos e por tanto certamente ridículos da actual Xunta en funcións que non falan moi ben da súa competencia como son o da exacta definición náutica do término "acompañante", digna de figurar de agora en diante en todos os diccionarios enciclopédicos da lingua hispana e da marcha e contramarcha sobre a non utilización primeiro, pero despois si, cando o diga eu, claro, do salón social para servicio de comidas. Ca máis exquisita educación e mellor tono esta socia como contribuinte de número ás arcas náuticas exercía o dereito a requerir do seu presidente, aínda que éste sexa de feito que non dereito, unhas contestacións que hoxe pasados dous silenciosos meses non foi digna de obter. Nin siquera recibío unha chamada ou un escrito no que se xustifícase esta ocultación de información, escandalosa e dictatorial, nin se lle dou cita para que consultase a citada acta da asamblea do 1 de xuño no caso de que exista.

De todas as cuestións que este lamentable desprecio aos socios manifesta, o máis indicativo é o que se refire ao da acta da asamblea do célebre akelarre do 9 de marzo na que unha muchedumbre furiosa levantou por aclamación popular (nin un só voto contabilizado, tal que acontece nas asambleas civilizadas) a efectos únicamente electorais tres expedientes de expulsión de socios por presuntas graves conductas previas dos mesmos, entre elas a do actual presidente en funcións. ¿Acaso é esto todo o que teñen que decir ao problema de maior calado xurídico en toda a historia do Club Náutico, aquel que podería abocar a toda unha Xunta Directiva ás portas mesmas da ilexitimidade? ¿Pretenden agochar a cabeza baixo a ala como a avestruz e seguir tirando como-si-aquí.-no-pasase-nada? ¿Intentarán seguir ocultando información aos socios que non sigan a súa línea dictatorial durante os vindeiros catro anos? ¿Vai ser este o seu modus operandi? ¿Vai a instaurarse na entidade a división entre socios de primeira, con todos os dereitos e prebendas, entre eles incluso o de ser servidos en exclusiva (grolos de Cacique 500) polo presidente de facto, e socios de segunda, molestos disidentes que son ninguneados e menospreciados?

Comentarios   

lfr
0 # Como cheira a política...lfr 22/08/2013 08:57
Tanto o CNC como esta entrada cheiran a política que apestan...
Responder | Denunciar ante o administrador