- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Agosto 2013 07 Agosto 2013
Vivimos a gran era das series. Diferentes títulos que abraian por unha pasmosa calidade que se manten inalterable ao longo de varias tempadas, que se suceden sen solución de continuidade e que rivalizan e incluso superan ás películas. Esto, como todo o demáis, iniciouse nos Estados Unidos de América: a maiores das pioneiras de finais dos oitenta e principios dos noventa (The Simpsons, Futurama, Seinfeld, etc...), nos últimos tempos coparon as pantallas unha pléiade de series dunha calidade virtuosa: a das derrotadas peripecias do ex-beisbolista profesional Kenny Powers en "De Culo y Cuesta Abajo"; as da implacable xungla dos tempos da Lei Seca de "Boardwalk Empire", dirixida polo mesmísimo Scorsese; "Mad Men", na que o actor Jon Hamm recreou unha persoaxe digna de pasar á historia, o Don Draper das axencias americanas de publicidade dos anos 60 cas súas palmadas no cu das empregadas e o seu machismo desbocado; a aclamada "The Wire" segundo moitos a mellor da historia; a populosa "Game Of Thrones" e en xeral calqueira xoia ca que a cadea HBO ten a ben deleitarnos cada pouco tempo. Así poderíamos seguir cuns cantos títulos máis.
Esta ola iniciada en América non podía deixar de acabar arribando ás costas españolas porque cando deixan a un lado a tan cansina Guerra Civil e a consecuente e tan manida represión franquista de repulsivos falanxistas de bigotiño fino e camisa azul (que aínda que agora quede mal decilo algún destes en Cereixo sí que houbo), os cineastas patrios cando se poñen ao asunto e olvidan os prexuizos ideolóxicos en xeral non desmerecen aos seus compañeiros norteamericanos. E así aínda que poida sorprender as series españolas gozan de gran reputación internacional e a súa exportación ás televisións do extranxeiro é unha constante. Como parte do conxunto, a Televisión de Galicia tras anos de tópicas e insulsas series en plan "Pratos Combinados" que se tiraban na parrilla televisiva tropecentos anos e nas que os seus intérpretes máis que actores parecían xa funcionarios (emulando nesto ao gran Juan Pardo), dou en crear unha obra que marcaría un antes e un despois. Era 2009 cando nas pantallas galegas sorprendía pola súa calidade, veracidade e intensidade unha serie ambientada nos clanes do narcotráfico. A catarata de premios non tardaba en chegar: ese mesmo ano recibía un galardón ata da mesmísima Guardia Civil polo "rigor y la labor divulgativa realizada sobre el instituto armado" e no 2012 como colofón a un gran traballo recibía o premio Circom á mellor serie de ficción europea.
Esa serie era "Matalobos" e un dos seus protagonistas, o actor Ricardo do Barreiro, aquel que interpretaba a Mateo Veloso, pasouse por Camariñas en datas recentes. Ao igual que toda unha lenda viva e quen sabe se futura do Madridismo como Manuel Sanchís, pasábase polo Café Bar Victoria e degustaba unhas cantas das súas sabrosas sardiñas. Sucédense sen descanso as visitas ilustres a este local emblema da hostelería da Costa da Morte que a este paso deberá habilitar unha parede enteira para colgar as imaxes que inmortalizan o paso polo mesmo de grandes persoaxes dos nosos días. Este actor, nacido en Lousame en 1974 habitual de distintas series galegas e españolas (Padre Casares, Terras de Miranda, Los hombres de Paco, Hospital Central, Doctor Mateo, Gran Reserva, etc...) e algunha que outra película (Siete mesas de billar francés, Celda 211, Los Girasoles Ciegos, esta última ambientada como non podía ser menos na Guerra Civil e na represión franquista, co seu repulsivo falanxista de bigotiño fino e camisa azul pero non o de Cereixo que se saiba), sen dúbidas collío forzas para novos traballos a conta das sardiñas do Bar Victoria, onde seguro que desfrutou dun trato profesionalizado e dun material de primeiro nivel. Deso sí que non nos cabe a menor dúbida.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.