1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Oscar, responsable do Bar Victoria, xunto a un dos madridistas máis emblemáticos da historia

Nunha das escenas finais da película "Un tipo Genial" ("A Local Hero", banda sonora de Mark Knopfler) o pequeno pobo mariñeiro do norte de Escocia no que tiña lugar a acción recibía a visita anual dun forasteiro sorprendente e insólito, dadas as épocas nas que discurría o film, as de principios dos 80. Tratábase dun mariñeiro soviético, que despreciando o illamento tradicional do seu país, desembarcaba dun buque mercante que faenaba anualmente polas inmediacións e pasaba un tempo bebendo xunto aos seus xa amigos caledonios e comprobando... a evolución durante o ano precedente das súas inversións en bolsa, recibindo no seu caso o estipendio económico correspondente. Unha situación parecida vive cada verán a Vila de Camariñas ca visita puntual, indeludible (catro veces van xa, cremos lembrar) de toda unha lenda viva do Madridismo, o ex defensa central, actual comentarista de TVE e probable, nun futuro non moi lonxano, Presdidente do Real Madrid Manuel Sanchís Hontiyuelo.

Pero con todo Sanchís en cada nova visita introduce algún que outro cambio que lle permite coñecer polo miudo algún novo aspecto da realidade de Camariñas. Desta volta tras atracar provinte do Sur o seu iate no Club Náutico dirixíose ao Cafe Bar Victoria co desexo expreso de degustar unhas sardiñas asadas, anhelo éste que cumprío quedando tan encantado do seu sabor así como do trato recibido polos camareiros do Victoria que gustosamente accedío a adicarlles un sinatura autografiada. Como sempre os responsables deste emblema da hostelería camariñana fan fincapé na educación, saber estar e simpatía exquisita deste gran ex-futbolista, aspectos todos que se puideron corroborar sin ir máis lonxe na derradeira final da Copa do Rei onde como comentarista de Televisión Española Manolo Sanchís representou moi dignamente ao Madridismo e aguantou impávido, sin unha mala palabra ou xesto os desafueros dunha voceciña quebrada polo alcohol, as putas e o tabaco que berreaba desaforadamente ao seu carón as evolucións do rival. Porque xa son moitos anos exercendo como emblema das gloriosas cores brancas e exemplo do seu Señorío e Grandeza, e por elo posiblemente non poida haber mellor opositor a futuro Presidente do Real Madrid. En tal caso, en tan importante cargo, estaría un amigo de Camariñas.

Autógrafo adicado por Manolo Sanchís aos camareiros do Bar Victoria

Comentarios   

Moncho de Dios
+6 # a Eu...KiñosMoncho de Dios 02/08/2013 12:46
Aprovechando esta noticia ,quiero comentar un suceso que me ocurrio ayer na Ponte,estabamos tomando unas cañas en la terraza de la pizzeria a Xunqueira tres matrimonios y los perros de mi señora,cuando se acerco un niño a acariciar a los perros,me fije en el y me dije ,yo a este niño lo tengo visto,como se llama tu padre le pregunte el me respondio Eu..Kiños,pues si alli estaba cenando dentro Recismindo,entr e y me presente.Me alegro de conocerlo,lleve una gran alegria,espero que los dias que pases aqui sean felices,sigue opinando en tu libertad ,que eso esta por encima de todo y ya ves lo que nos pasa a los que ponemos nuestro nombre en los comentarios ,pero tu ni caso.Suerte.
Responder | Denunciar ante o administrador
NOITE PECHADA
+4 # RE: Visita anual de Sanchís a CamariñasNOITE PECHADA 04/08/2013 12:57
non fun capaz de facer o percorrido completo nesta noite pechada,queria ir a Camelle a carantoña e a Quintans ,non fun capaz,a noite puido comigo e as horas acumuladas de casancio deixáronme feito un nada de nada que nada é,vou durmir ata que se poña o sol e despues seguir ata que salga o sol,espero que ninguén me moleste e eu non molestar a ninguén,o silencio dunha noite pechada
Responder | Denunciar ante o administrador
Manuel Romero
+1 # RE: Visita anual de Sanchís a CamariñasManuel Romero 08/08/2013 14:01
Es una alegria que nos visiten estos famosos,le dan un aire de grandeza a nuestra villa,bienvenid o Sanchis,un gran jugador que consigio superar a su padre en el futbol y eso debe de dar mucha alegria a un padre,sigue viniendo por camariñas que siempre seras bien recibido
Responder | Denunciar ante o administrador