1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Daniel Rego pasando revista aos pantaláns da sociedade que o expulsou hai 4 meses

Este pasado luns 10 de xuño de 2013 unha importante comitiva do PP desembarcaba no Club Náutico de Camariñas e os pinchos que o ano pasado quedaban en stand-by, agora por fin eran fluidamente devorados polo destacamento popular. Para a historia quedará o curioso feito de algún que pasou ao outro lado de espello e de ofrecer (infructuosamente) unha surtida remesa de ágapes variados revertío en ávido degustador dos mesmos. Leccións da historia. Como tamén o feito de que mentras o Presidente de Portos Durán impartía solemnemente nas oficinas do CNC un discurso con todas as obviedades de rigor ("esta institución aposta decisivamente polo turismo náutico e bla, bla, bla..."), suponse que estaría presente nas instalacións aquel que non hai moito protagonizaba nese mesmo espacio unhas peculiares e violentas peripecias asaltatorias polo demáis ampliamente glosadas aquí en Camarinas.eu. Digamos que deste xeito se revisitaba o lugar do crime (presunto, ata que os xuices dean a súa derradeira palabra). Polo demáis ao mesmo tempo que Durán prometía estudiar a ampliación de vinta e tantos puntos de atraque, sen que lle temblase un pelo do bigote avanzaba co beneplácito dos directivos náuticos que en breve impulsará a alta competitiva do porto deportivo muxián. Un serio problema á viabilidade do porto camariñán, unha bomba á línea de flotación do mesmo en toda regla, no longo plazo.

Máis tarde, ao día seguinte, leríamos unha interesante evacuación intelectual do Presidente do Náutico na edición de Carballo de La Voz de Galicia. Viría decir que o CNC disfrutaría actualmente de "normalidade total". Sen embargo e ao decir dos entendidos non hai moito, concretamente na asamblea ordinaria celebrada o sábado 1 de xuño de 2013, haberían acontecido uns feitos inéditos en 23 anos de existencia náutica que poñerían moi seriamente en entredito as afirmacións presidenciais ata o punto de que poderían determinar unha situación de ilexitimidade total da actual Xunta Directiva. Na citada asamblea, como punto primeiro da Orde do Día, o presidente do CNC somete a ratificación a acta da asamblea anterior: a da tan polémica cita do 9 de marzo de 2013 na que por unha presunta aclamación popular se suspenderían tan só a efectos electorais tres expedientes disciplinarios de socios da entidade. Entón, unha socia presente pide a palabra e pregunta ao presidente quen firma a acta en cuestión. A esto siguen unhas farragosas explicacións non solicitadas, que a citada socia corta en seco ("Yo no te estoy preguntado eso: yo te te estoy preguntando quien la firma"), ao que o presidente non lle queda máis remedio que contestar, para xeral sorpresa e estupor dos presentes, que vai firmada polo anterior presidente da entidade, Alberto de Artaza Varasa. Decide tomar éste a palabra e, con visión histórica, improvisa un apaixoado discurso sobre a necesidade de non mirar atrás e si para adiante. A esta sorpresiva incursión nos terreos da xeoestratexia política, propia dun Von Clausewitz náutico, a mesma socia responde que eso está moi ben, que francamente ela a primeira marchará pola senda constitucional, pero que (e eso debería sabelo un abogado) ata onde chega o seu limitado discernimento xurídico as actas deben ir firmadas polo secretario dunha entidade, cuestión ésta na que varios dos socios presentes apoian á citada socia.

O ex-presidente contesta que a acta vai asinada por el xa que conta ca delegación da firma do anterior Secretario do CNC Manuel Ángel García Insua. Non presenta ningún documento asinado que así o certifique, algo que non deixaría de ser bastante ridículo xa que nese caso sería o propio Manuel Ángel García Insua o que asinase  a referida acta. Aquí convertida xa a socia intervinte nun serio azote dun ex-presidente cada vez máis confuso e balbuceante, solta finalmente diante de todo o público asistente o as que gardaba na manga: "No mientas, Alberto, por lo que yo sé Manuel Ángel no te autorizó a nada". Neste punto, dubídase de como vai conformada a acta da asamblea do 9 de marzo de 2013 ("Akelarre na asamblea ordinaria", titulaba Camarinas.eu a súa crónica daquel día): ¿Acaso na súa marxe esquerda onde poñe "EL SECRETARIO" vai unha firma, e no lado dereito, baixo o epígrafe "VISTO Y PLACE, EL PRESIDENTE" outra vez a mesma sinatura? ¿Un caos bipolar, un serio caso de doble personalidade? ¿Imaxina alguén a un Alcalde asinando as actas dos plenos? ¿Das Xuntas de Goberno? Pasada a votación a ratificación da problemática acta nunha primeira volta obtéñense oito votos favorables e na segunda, trala convincente intervención ex-presidencial, dous. Ratificación denegada e un ex-presidente que pouco despois se levantaba e marchaba sen que ninguén se dera moita conta e, o que é peor, a ninguén lle importara o máis mínimo.

Posta en contacto esta redacción con Manuel Ángel García Insua, este corrobora que efectivamente non delegou en ningún caso a súa firma no anterior presidente e que asemesmo non asinou a acta da asamblea do 9 de marzo. Ao parecer unha serie de importantes vicios de legalidade presentes na citada asamblea impedirían de todo punto levantar acta, algúns dos cales a grosso modo serían os seguintes:

1- Convocatoria da asamblea por órgano incompetente. Debe lembrarse que a cita societaria do 9 de marzo foi convocada en época pre-electoral por unha Xunta xestora, non Xunta Directiva, cuias únicas competencias serían as da xestión ordinaria imprescindible para a boa marcha do club, nunca a de convocar asambleas. Neste punto ponse de exemplo, o acontecido cas administracións públicas: ¿Pode un alcalde  durante a campaña electoral convocar un pleno? Obviamente, non.

2- Orde do Día. A Orde do Día dunha asamblea ordinaria é pechada, e non cabe someter a votación asuntos non incluidos na mesma. Deste xeito non podería certificarse nun acta acordos presuntamente adoptados polos presentes que non estaban previstos na Orde do Día. O que deberían haber feito era recoller as sinaturas necesarias e solicitar unha asamblea extraordinaria ca orde do día que correspondese.

3- Modificación do Censo Electoral. Estamos ante unha competencia que segundo os Estatutos só lle corresponde á Xunta Electoral unha vez rematado o período de exposición pública do censo e tras resolver as reclamacións que se houberen presentado. Existiría neste punto unha clara incompetencia da Asamblea para tomar os citados acordos. ¿Acaso pode un pleno municipal aprobar o censo electoral do concello segundo lle conveña? Aquí adúcese que nese caso bastaría con fulminar do mesmo a aqueles que se sabe que son votantes probados da oposición e listo.

4- Non sometemento dos asuntos a votación. Aquí, citan as nosas fontes que para a adopción dos presuntos acordos tomados na tan polémica asamblea do 9 de marzo bastou a aclamación popular, ao mellor estilo bolivariano. Neste punto Camarinas.eu da fe de que votos delegados que algúns dos socios presentes portaban para ser utilizados na toma de decisións quedaron para mellor ocasión ¿Como recoller nun acta a adopción de acordos que non foron sometidos a votación?

5- Presencia na asamblea de socios cun expediente disciplinario aberto, algo que segundo os estatutos está terminante prohibido en tanto en canto non sexa resolto o expediente en cuestión.

Estes e algún outro que nos queda no tinteiro, serían os razoamentos que determinarían a imposibilidade material e xurídica de asinar a acta da asamblea do 9 de marzo, unha cuestión que aparte de conlevar algunha que outra consecuencia un tanto chusca (así, as contas do 2012 sí estarían aprobadas, pero non así as do 2011, supostamente aprobadas o 09/03/2013), sí traería moi serios problemas legais e xurídicos para a actual Xunta Directiva. Porque si a acta non está ratificada e polo que se ve, xa nin siquera existe en canto tal acta, debidamente asinada polo único cargo que dacordo ca lexislación de asociacións pode facelo ¿son executables os presuntos acordos adoptados pola asamblea do 9 de marzo? ¿Son válidos? E máis ¿realmente existen éstos? Entre os mesmos estaban a aprobación das contas do 2011 e o levantamento dos expedientes sancionadores de tres socios, un dos cales permitío a un dos encausados encabezar unha lista ás eleccións náuticas. Si esto é así e o citado acordo non está ratificado pola asamblea e nin siquera se certificou polo secretario daquel entón a súa aprobación ¿está lexitimada dende un punto de vista xurídico a actual Xunta Directiva? No caso de que finalmente non exista acta, ¿haberían de retrotraerse legalmente todas as actuacións? Polo tanto, ¿cal é a  situación xurídica real do CNC e da súa Xunta Directiva a día de hoxe? Cuestións problemáticas e sorpresivas, nunca vistas con anterioridade que se saiba e que aquí en Camarinas.eu deixamos para constancia dos socios e que, sinceiramente, esperamos que teñan a súa correcta e pronta solución.

Pero si dentro da actualidade náutica, atopámonos con este serio problemón, en datas recentes acontecía presuntamente outro episodio que por revelador e sin ánimo de facer sangue debe ser contado para debida constancia do pobo soberano. Foi o caso das pequenas obras de reacondicionamento do exterior do CNC levadas a cabo recentemente e que foron adxudicadas á empresa dun familiar directo dun membro da actual Xunta Directiva. O caso é que, faltas presuntamente de toda autorización municipal, ata ás mesmas tivo que desplazarse un Policía Local para ordear a súa paralización inmediata.  Elo motivou que ao día seguinte se presentase na Casa do Concello un alto membro da Xunta Directiva do CNC e pedir disculpas baseadas nunha suposta ignorancia do deber de solicitar a correspondente licencia municipal. Algo confirmado dende o Concello, pero ao que non dan maiores repercusións aclarando que todo está xa en vías de solución, esperando en todo caso que non se repita algo semellante no futuro.

Dúas cuestións, entre outras moitas que podería haber, que ensombrecen os días de normalidade total do noso querido Club Náutico de Camariñas. Esperemos que sinxelamente se queden en dúas anécdotas. Polo ben de Camariñas, que así sexa.

Comentarios   

No se entiende
+10 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoNo se entiende 13/06/2013 11:13
Creo que se debería regular en nuestros Estatutos la figura de los ex-presidentes para evitar que estos hagan el ridículo más lamentable y abochornen a la institución. Es que no se entiende además, coño ¿ pero que necesidad tenía este hombre de hacer el ridículo de forma semejante ?
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoMoncho de Dios 13/06/2013 13:50
Decir que hace unos años nos reunio Olga para hablar de temas de fiestas y darle al ayuntamiento un empuje hacia arriba y unos de los temas que alli se comento fue el de que los barcos desde Camariñas fueran hacia el Puente ,tema que el antiguo presidente Alberto Artaza estaba totalmente de acuerdo,me alegro que esta novedad se haga,yo personalmente lo veo muy bien,esto sin entrar en temas de Nauticos,me acuerdo de otro de los temas era que no se celebraran mas fiestas en el ayuntamiento que una al mismo tiempo ,y yo recordé que el dia 18 de Julio era la fiesta de Santamariña,y que los vecinos de Camariñas el Carmen era el 16 de Julio,por lo que seria bueno que adelantaran las fechas ,por ejemplo Camariñas podía hacer las fiestas desde el 11-16 de Julio y luego Santamariña,ten emos días en el año para todo ,pero por favor llevémonos bien,cabemos todos,esto es una opinión ,nunca un ordeno y mando
Responder | Denunciar ante o administrador
magistrado hipopotamo
+7 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticomagistrado hipopotamo 13/06/2013 19:20
señores socios, debemos esperar a la opinion juridica superior de su señoria el magistrado hipopótamo hinchado (valga la redundancia) de la carretera del faro, esperar a que exponga su sabio dictamen legal y, en base a ello, actuar en justicia
Responder | Denunciar ante o administrador
REPRESENTANTE
+1 # NUEVOS ESTATUTOSREPRESENTANTE 13/06/2013 20:16
Ustedes dirán ,hagan una junta y si tienen que cambiar los estatutos ,en verano es buena fecha,pues es cuando los del tribunal constitucional y superior aprovechan para trabajar,a un precio módico. yo me ofrezco para hacerle la propuesta, siempre y cuando me lo pidan las autoridades competentes del Club Náutico de Camariñas no considero yo a la persona antes nominada como para tan alto ejercicio de competencias,es tamos parlamentando de un alto planteamiento ante los socios de la entidad ,debiendo todos quedar satisfechos y felices,seguram ente hagamos un negocio redondo,pues se lo venderemos a los demás Náuticos del entorno nuestro,pudiend o como buenos gallegos nombrar hasta representantes en todos los contornos del mundo,me quedo a la espera de vuestras gratas noticias
Responder | Denunciar ante o administrador
REEDUCARNOS
+1 # DISFRUTAR EN EL NAUTICOREEDUCARNOS 13/06/2013 23:58
Educáronnos para interpretar a vida ao son das crenzas culturais, agora podemos reeducarnos para danzar a vida ao ritmo da nosa propia música, a orquestra está máis alá da nosa mente programada, a salvo de conceptos e pensamentos limitantes. A medida que vaiamos dando pasos nesta nova danza iremos facéndonos máis lixeiros... ata que os nosos pensamentos teñan ás e logren elevarnos de dualilandia, o país dos dramas. Cando consigamos suficiente altura seremos capaces de ver novos horizontes, de enxergar novos territorios... a aventura de vivir sendo nós mesmos espéranos.
Responder | Denunciar ante o administrador
PERO NO NOS MOVEMOS
+2 # PARECE QUE ANDAMOSPERO NO NOS MOVEMOS 14/06/2013 00:01
A palabra asombro ten moitas oitavas. A máis grave e densa prodúcese como froito da crítica e o xuízo a unha persoa, dende este estado emocional o asombro nos mantén pegados ao drama, o coñecemento que del nace é pura distracción, temos a sensación de andar pero non nos movemos do noso sitio, a nosa vida non se pode enriquecer con el, é como camiñar dun hamster na súa nora, que cansa sen levar ningunha parte. O asombro academicista, o que nace de adorar ás autoridades, é aquel que provén de coñecer o rancio, o estancado, é como beber dunha poza na que a auga perdeu a súa forza e transparencia, en definitiva a súa pureza. Se tes sede e non sabes da auga fresca e brava paréceche auténtico coñecemento.
Responder | Denunciar ante o administrador
ARATAZA
+6 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoARATAZA 14/06/2013 09:24
EU ESTUBEN NESA ASAMBLEA E A VERDA ESTE HOME DA CORUÑA PUDO IMBENTAR MELLOR ESCUSA CO TEMA DA DELEJASION DE FIRMA, PORQUE ENTONCES XA A FIRMABA A ACTA O FILLO DO ARMEIRO. ESTE ARTAZA FUI O PEOR PRESIDENTE DA HISTORIA DO CLUB NAUTICO E AHORA, POLO MENOS E CONSECUENTE, EMPEÑASE EN SER O PEOR EXPRESIDENTE DA HISTORIA DO NAUTICO. BAITE MEU HOMIÑO, ESTATE QUIETIÑO E NON FAJAS MAS DAÑO, RETIRATE
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+1 # a un de eiquiMoncho de Dios 14/06/2013 11:42
Muchacho,de eiqui ¿de donde?Ignorante no ve usted que yo estoy defendiendo parte del ayuntamiento de Camariñas como es Santamariña ,Ve usted ,Ignorante en alguna parte que yo defendiera al Puente ,MALIGNO,yo dije en aquella reunion lo del 18 de Julio que siempre fue fiesta en Santamariña,se lo pregunta usted (idiota)a las personas mayores y le contestaran,per o señor DICTADOR ANÓNIMO ,dejo bien claro que es una opinión,libre ,cosa que usted no tiene,váyase a paseo ignorante que no le contesto a nada mas y si lo hago es para que los de Camariñas entiendan que era una opinión que ANTES se cumplía ,ahora ya no, nada mas,no me importa en estos momentos que se haga lo que se quiera,ademas dar opiniones para ilustrados que ni siquiera conocen la historia de su ayuntamiento es de risa jajajaja
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # a un de eiquiMoncho de Dios 14/06/2013 11:45
Te preguntarás cómo puedo hacer del sentido del humor sabiduría. Hay muchas maneras, por ejemplo, cuando estamos de mal humor podemos ver en esto una oportunidad de autoconocimient o, en este estado nuestras emociones nos hablan muchas veces de cosas sobre nosotros mismos que nos negamos a ver, porque o bien van contra nuestras creencias o bien atacan a las “falsas identidades” que nos hemos construidos con ellas. Entonces es el momento de ganar perspectiva con la inocencia de nuestro sentido del humor, haciendo del malestar un primer pilar en el que empezar a construir el puente que nos conduzca a un entendimiento mayor de nosotros mismos, iniciando así un camino hacia el bienestar.
Responder | Denunciar ante o administrador
mala pinta
+5 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticomala pinta 14/06/2013 11:48
yo fui de los socios que voto por ayora en ls ultims elecciones y siento decir que veo mui dficil solucion a esta espinoso asunto de las actas.triste forma de pasar a la historia del ex-presidente que queriendo quedar bien con unos y otros al final va quedar mal con todos.para eso tenia que tener una inteligencia que no poseia y al final solo dio unas cuantas lecciones cativas de doblez,traicion ,mentiras, felonia y deslealtad.vaya n y preguntenle a los directivos que lo acompañaron en la ultima junta
Responder | Denunciar ante o administrador
EXOTERICO
+1 # a un de eiquiEXOTERICO 14/06/2013 11:51
Los maestros del ocultismo tienen significados duales (dobles) para ciertas cosas. Uno esotérico (oculto) y uno exotérico (revelado). El exotérico es para el rebaño mudo, el ganado, las masas. Esta es la categoría en la que, por ejemplo, le ponen a usted. A la mayoría de la gente le darán el significado exotérico aunque se reservarán el esotérico para ellos.
Responder | Denunciar ante o administrador
CHURCHILL
+1 # a un de eiquiCHURCHILL 14/06/2013 12:04
El primer ministro de Inglaterra durante la Segunda Guerra Mundial, Winston Churchill, fue ejemplo de integridad y respeto frente a gran oposición. Durante el último año que ocupó el cargo, asistió a una ceremonia oficial. Dos o tres filas detrás de su asiento, dos hombres empezaron a hablar en susurros.
Dijo uno: Mira, es Winston Churchill. El otro respondió: Dicen que le falla mucho la memoria. El primero dijo: Sí, dicen que debería de renunciar el cargo y dejar que otros hombres más jóvenes y hábiles se encarguen de la nación. Así siguió la conversación. Al final de la ceremonia, Churchill dio la vuelta para hablar con los hombres. Señores, les comentó, ¡También dicen que estoy sordo!
Responder | Denunciar ante o administrador
CONSEJOS
+1 # a un de eiquiCONSEJOS 14/06/2013 12:06
Santiago 3:3-6 3:3 He aquí nosotros ponemos freno en la boca de los caballos para que nos obedezcan, y dirigimos así todo su cuerpo. 3:4 Mirad también las naves; aunque tan grandes, y llevadas de impetuosos vientos, son gobernadas con un muy pequeño timón por donde el que las gobierna quiere. 3:5 Así también la lengua es un miembro pequeño, pero se jacta de grandes cosas. He aquí, ¡cuán grande bosque enciende un pequeño fuego! 3:6 Y la lengua es un fuego, un mundo de maldad. La lengua está puesta entre nuestros miembros, y contamina todo el cuerpo, e inflama la rueda de la creación, y ella misma es inflamada por el infierno.SUERTE COMPAÑERO
Responder | Denunciar ante o administrador
CRITICAR
+1 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoCRITICAR 14/06/2013 12:37
Ás veces, cando unha persoa critica na nosa presenza a un terceiro, vémonos identificados coa persoa criticada, moléstanos. Tamén pensamos que esta actitude prepotente do crítico non nos librará de criticas a nós con outras persoas. O que critica frecuentemente, vai adquirindo mala imaxe. "Fale vostede dos seus propios erros antes de criticar os demais". Cando chame a atención ao seu fillo por algo, pense no que facía vostede á súa idade. Comece dicíndolle: "Eu tamén á túa idade cara ao mesmo, mesmo peor ca ti... ". É moi sabio aplicar o dito "Antes de que digan, digas", isto é, indícanos que é mellor adiantarse aos demais en explicar os defectos propios.
Responder | Denunciar ante o administrador
si saliras do cocho
+1 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticosi saliras do cocho 14/06/2013 12:45
Hecho muy distinto es criticar a cargos públicos o bien a directivos de una sociedad si se cree que lo hecho esta mal,por ejemplo parece que a simple vista lo hecho por Barcenas es criticable a simple vista y quien se lo esta tolerando también,pero el que alguien recuerde que el 18 de Julio ,dia festivo ademas,por temas politicos de los tiempos franquistas ,fue el dia del alzamiento nacional como ellos le llamaban se hacia una de las mejpores fiestas ,de cuando las fiestas eran con una gaita y dos panderetas,en Santamariña,que en estos momentos es la mejor sardiñada de todo el ayuntamiento,pe se a quien le pese,pues es tirar piedras contra nuestra riqueza cultural y variopinta
Responder | Denunciar ante o administrador
BUDA ERA SABIO
+2 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoBUDA ERA SABIO 14/06/2013 13:12
A Buda parecían dejarle impávido los insultos que le lanzaba aquel visitante. Cuando, más tarde, sus discípulos quisieron saber cuál era el secreto de su imperturbabilid ad, él dijo:
“Imaginad lo que ocurriría si alguien os ofreciera algo y no lo tomarais; o si alguien os enviara una carta y os negarais a abrirla: su contenido no os afectaría en lo más mínimo, ¿no es así? Pues haced lo mismo cuando os injurien, y no perderéis la calma.»
La única clase de auténtica dignidad es la que no sufre menoscabo con la falta de respeto de los demás. Por mucho que escupas a las cataratas del Niágara, no lograrás reducir su grandeza
Responder | Denunciar ante o administrador
corrupsion total
+3 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticocorrupsion total 14/06/2013 21:20
que berjonsa po chino tubo que ir o consello a chorarlle a pichurri que non o denunsiara por faser unha obra ilejal que inda por ensima doulla o mantido pa que se inchara os bolsillos que forma de humillar o club nautico. non tedes berjonsa nn valedes pa nada
Responder | Denunciar ante o administrador
INTERNET
+1 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoINTERNET 14/06/2013 22:13
Ser demócrata en España es ser un tipo incómodo que pone en evidencia los abusos del poder, que afea a los políticos su mal gobierno, el hecho de que suban impuestos de manera brutal en vez de adelgazar el Estado, plagado de enchufados y de militantes inútiles con carnñé de partido, gente capaz de denunciar los abusos y de luchar por un mundo mejor, impidiendo a los políticos que ejerzan lo que mas sueñan y anhelan: la disctadura de las élites de los partidos, sin limitaciones ni frenos.
Responder | Denunciar ante o administrador
el capi
+4 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticoel capi 15/06/2013 15:50
pero a ver esta directiva segun se puede decucir en esta noticia no es legitima.esto es un grave problema para la sociedad ya que es una entidad a la deriva y sin niguna seguridad jurídica.aún así y con este gran problema a sus espaldas la actual directiva no ha informado a los socios de tal asunto.¿porque? Este tema lo considero gravísimo. lo de esa obra y de su paralización por no tener licencia es una verdadera verguenza para estos disque-directiv os. ¿pero que clase de dirigentes tenemos en esta sociedad nautica? Y venga, a tomar chiquitos todos los dias por los bares adelante. verguenza.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pufos
+3 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoPufos 15/06/2013 16:51
A min gustaríame saber que xestións nestes xa tres meses de andaina levou a cabo a nosa Xunta Directiva para cobrar o pufo de 9.000 euros que ten Daniel co CNC. Esos, que non o olviden Ayora e @s seus/suas compinches, son cartos que nos pertenecen a tódolos socios da entidade, non a eles, aínda que se anden repartindo alegremente obras e contratos (tema da protección de datos) entre compañeiros de Xunta Directiva. Creo que como socio merezco unha explicación, non todo se reduce a cenas e chiquitos para taparlle a boca aos socios.
Responder | Denunciar ante o administrador
el capi
+5 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticoel capi 15/06/2013 17:17
Exacto. ya se me olvidaba, ¿que es de la deuda contraida de 9000 euros?¿Se cobró ya señor Ayora?No veo que la directiva informe de nada de este tema pero claro, viendo la foto de portada ya se supone lo que se va a hacer con esa deuda pero le recuerdo que ese dinero no es suyo si no que es del club y usted por muy directivo que sea no tiene derecho a anular sentencias dictadas por el juez.Y al loro, que somos muchos los que estamos atentos a sus maniobras.
Responder | Denunciar ante o administrador
el capi
+4 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticoel capi 15/06/2013 17:23
Por cierto,dar las gracias también a la redacción de esta página ya que si no es por ellos las fechorías que algunos están perpetrando en el náutico no saldrían a la luz.Espero llegue pronto la proxima asamblea que alguno me va a tener que oir pero bien.
Responder | Denunciar ante o administrador
O MELLOR DIARIO
+4 # a CAMARIÑAS.EUO MELLOR DIARIO 15/06/2013 18:51
Estase convertendo en todas as súas facetas o diario mais visto,mas lido e con mais comentarios de todo o noso concello,grazas ao bo funcionamento de ir atopando a verdade nas súas reportaxes e deixar aos que escriben comentarios estenderse ás súas anchas ,eu quero mandar as miñas verbas ,hay un refrán que di "vale mais unha imaxe que mil palabras"pues vexan os diarios e vexan a Camariñas.eu,a diferenza torna a lonxania e o dicimos nós e se pode ver,repito,brav o Diego
Responder | Denunciar ante o administrador
el capi
+5 # RE: Daniel Rego volve ao Club Náuticoel capi 16/06/2013 09:24
Y otra cosa con respecto al tema de la deuda.Lo único que hizo la directiva al respecto fué borrar las noticias que había en la pagina del club relacionadas con el desahucio de los ocupas.Parece como si quisieran borrar la historia. Y no me extrañaría nada que quieran también borrar de la historia la deuda y las sentencias del juez.Muy buen comienzo señorer y señoras de la directiva.
Responder | Denunciar ante o administrador
TRAMPADAS
+4 # RE: Daniel Rego volve ao Club NáuticoTRAMPADAS 16/06/2013 15:29
ATENSION O CAPITAN QUE XA NOS LARJOU VARIAS TRAMPADAS (CONTRASTADAS) OS SOCIOS: 1- DO CONCELLO MANDARON UNHA CARTA AVISANDONOS QUE O LOCAL ESTABA ILEJAL, COUSA QUE DIXO QUE NO; 2- PREJUNTARONLLE SI UN POLICIA LOCAL FORA PARARLLE A OBRA DO MANTIDO E DIXO TAMEN QUE NO; 3- DIXO QUE TOTIS JAMAS IBA ENTRAR NO CLUB MENTRAS EL FORA PRESIDENTE E COMO VAIA A SENA DO CARME, OUTRA VEZ VAI FALTAR A SUA PALABRA (A VER QUE LLE FIXO TOTIS A ESTE HOMIÑO, VESE QUE LLE TEN RABIA); 4- FALA DE TRANQUILIDADE TOTAL CANDO SABE QUE EL E A SUA DIRECTIVA ESTAN TODOS ILEJALES NO CARJO, EN BASE A UNHA ASAMBLEA ILEJAL QUE CONVOCOU ARTAZA TRAICIONANDO A SUA DIRECTIVA

JRASIAS CAMARINAS.EU POR SER O UNICO MEDIO QUE ME DEIXA EXPRESARME EN LIBERTAD E DEMOSTRAR A MIÑA INDIGNASION CON ESTA DIRECTIVA.
Responder | Denunciar ante o administrador
sejimosijual
+2 # sejimosijualsejimosijual 16/06/2013 16:12
Ver para creer a xente de camarinas non se merece nada, despois de todo o acontecido ainda hay quen o defende. A partir de agora cando me pregunten algo de Camarinas direi mexa por eles que aceptan de todo. Se chorizo e tranquilo non faran un bocadillo contijo.
Responder | Denunciar ante o administrador