1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Espectacular futbolista e mellor persoa, pero sobre todo un gran camariñán. Juanillo cumpre 38 anos

Cremos lembrar que foi alá polos meses iniciais do ano 2008, naquelas épocas nas que Camarinas.eu non deixaba de ser un bebé xornalístico que daba os seus primeiros pasos, cando esta redacción lograba unha fichaxe que en verdade non requerío os esforzos desenrolados para contratar a Neymar. Elo foi así porque el sempre soubo que o seu lugar estaba aquí, nunha web que apuntaba xa dende o primeiro momento a líder intratable de toda unha Costa da Morte, feita por compañeiros de xeración, sen intereses ocultos nin políticos, só animados polo ben e progreso do seu pobo e do seu concello da alma, e que este contara cunha medio de comunicación serio, ben feito e independente, ben escrito e mellor fotografiado, que levara a súa imaxe polo mundo adiante. E así, dende a lonxana Cartagena, púxse xa dende o inicio a traballar arreo para convertir a sección de deportes de Camarinas.eu en todo un exemplo no mundo do xornalismo amateur e unha lanzadeira dende a que promocionar de xeito infatigable o deporte en Camariñas.

Comenzou naquel entón unha travesía na que nos tocou vivir xuntos un montón de intres memorables, inesquencibles. As dun 26 de maio de 2009, cando en Alcoy o Cartagena ascendía á Segunda División A, e bágoas de emoción baixaban raudas e libres polas meixelas do seu pai mentras a súa nai, traballadora infatigable ata nas alegrías extremas, seguía a pasear a bandexa de suculentas tapas por un bar ateigado. Cando non moito despois, no clima dunha decepción xeralizada ("Nos ha dejao chafaos", nos diría en persoa un dos amigos da súa peña), nunha decisión desquiciada e inexplicable, a Xunta Directiva decidía non renovar o contrato a un home que fora titular indiscutible 40 partidos na tempada anterior. As épocas da súa ilusionante etapa no Cerceda, no que por tres veces se estivo a piques de coroar un excelente exercicio cun novo ascenso de categoría. Os do seu ano como Concelleiro de Deportes nos que o que estaba por vir, a excelencia no desenrolo dunha función levada á política, xa se explicaba nun feito que o decía todo: aquela chamada de urxencia ao seo desta redacción requerindo o envío de fotos de todos os equipos do concello, dende todos os senior ata o do último dos infantís. Unha etapa que pasará á historia, polos proxectos, iniciativas e realidades acadadas e que debería ter continuación algún día. A derradeira tempada no Ordes, onde chegaba a un club que soñaba con manter a categoría e ao que pouco máis e o embarca nun novo ascenso...

Agora e casi coincidindo co final da tempada, chega o seu trixésimo oitavo cumpreanos. Ninguén o diría, vindo a súa efixie musculada, sin un átomo de graxa, lista para ducias de novos combates, a propia dun profesonal intachable do fútbol que despois de toda unha vida de coidados e privacións constantes, permite que o que foi (o que é) o mellor futbolista de toda a historia da Costa da Morte siga raiando nun nivel máximo de calidade e entrega na esixente Terceira División galega, facendo da sorte de marcar golazos dende o medio do campo unha actividade rutinaria, a propia dun artillero nas ruinas de Stalingrado. Certamente, sería unha mágoa que todo este caudal de talento e experiencia deixase de brilar polos estadios galegos, pero coma sempre, o que decida en comunión ca súa familia, ben decidido estará. Porque ademáis é este un home que ten a rara cualidade de tomar a decisión correcta no momento oportuno: como cando aquel 26 de febreiro de 2008, co relato dunha victoria ante o Marbella, decidío  comenzar unha colaboración xornalística exitosa e continuada, sempre desinteresada, que xa vai case polo cinco anos e medio. Porque gracias ao esforzo e traballo de persoas como el, Camarinas.eu leva cada día o que acontece nas terras da súa alma alí ata o derradeiro recuncho do planeta no que late un corazón camariñán. Por todo elo, neste día especial, Feliz Cumpreanos Juan e gracias. Gracias por estos xa casi cinco anos e medio. Gracias por axudarnos a ser quen somos.

Comentarios   

Beldoña
+4 # RE: 38 anos dun camariñán inmortalBeldoña 26/05/2013 12:46
FELICIDADES, JUAN. Desexo que te conserves así de ben durante moitísimos anos mais, na compaña da tua familia e dos teus amigos.
Grazas polas túas achegas deportivas, que tanto nos fan gozar deste noble deporte que é o fútbol.
Unha aperta, amigo
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
Xosé-Luís
+5 # DO RUEIRO NOVO A COREAXosé-Luís 26/05/2013 13:57
Coma Toño Puertas, eu tamén son un do Rueiro Novo transplantado a Corea. E coma ti e os teus, Juan. Alguén dixo que a patria é a infancia e esa sera por sempre a nosa, malia que teñamos que andar polo mundo adiante. Moitas felicidades.
Denunciar ante o administrador
zhúkov
+2 # RE: 38 anos dun camariñán inmortalzhúkov 26/05/2013 21:53
Realmente, miro para Juanillo, compañeiro meu de xeración do glorioso 1975, é síntome máis novo, máis forte para acometer futuros desafíos. Porque despois de miles de partidos de fútbol, centos de noticias publicadas en Camarinas.eu, de saír indemne e incluso reforzado do seu paso por toda unha concellería, así o vexo: mellor que nunca. Ánimo Juan, non decaer nunca e feliz cumpreanos ao lado da túa familia, esa gran sorte que che tocou.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.