1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Andrés Herrera, do dúo gaditano Andy y Lucas, tamén pule a favor da comida contra o cancro 2013

Foi en 1351 cando a lomos dunha embarcación xenovesa o gran mal que se levaría por diante en tan só uns poucos anos as vidas de millóns de seres humanos arrivaba ás costas de Europa. Provinte da Península de Crimea, a Peste tinguiría de loito a baixa edade media, dispararía ata o infinito a paranoia relixiosa e quedaría para á historia como exemplo de pandemia contaxiosa capaz de aniquilar a cáseque todo un continente. Hoxe en día o gran mal que devasta familias e causa estragos nunha sociedade postmoderna e tecnolóxica non ten a súa orixe na falta de hixiene nin arriba as nosas costas provinte dun oriente atrasado e fanatizado, senón que sae de nos mesmos, cobixado durante anos nas nosas propias entrañas, para acabar cumprindo a súa fatal labor de zapa.

Fronte a el, o gran Mal do noso tempo, surxen diversas unións de humanos que dende hai longos anos executan unha constante batalla no fronte da prevención e da investigación co fin definido de acortar as distancias co tan anhelado día no que o Cancro deixe de ser a enfermedade causante, polo baixo, do 80-90% das mortes acontecidas en pequenas vilas, en remotos concellos, como o de Camariñas. É por elo que se fai dobremente necesario apoiar as iniciativas de entidades como as da AECC (Asociación Española de Lucha Contra el Cáncer) que o vindeiro domingo 9 de xuño celebra a partires das 14:00 horas a súa comida anual. Por un módico precio de 20 euros, todos aqueles que asistan poderán contribuir a facilitar o seu propio futuro. Un dos primeiros en achegar esforzos e contribuir a difundir a comida que se aveciña foi o popular integrante do dúo gaditano de pop flamenco Andy y Lucas, Andrés Herrera, que dende o local que reina na noite compostelana, La Quintana, non dubidaba en publicitar a cita que se aveciña.

Engadir un comentario