1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A historia de amor descuberta por Camarinas.eu, protagonista absoluta dun programa da TVG

Foi despois do seu repaso habitual pola web líder da Costa da Morte, cando os reporteiros do Programa da Televisión de Galicia "Casamos" se puxeron trala pista dunha crónica que prometía e así decidiron adicar unha edición íntegra á historia de amor protagonizada por dous veciños de Camariñas de orixe senegalesa, Ibra e Fatou Sarr. Normalmente este programa divide a súa hora de duración en dúas parexas pero a gran historia de amor que sacou en exclusiva Camarinas.eu foi quen de copar un programa enteiro. Fui un éxito de expectadores que conquistou os corazóns de toda Galicia e voltou a situar ao noso concello como protagonista dunha historia amable e enternecedora e as súas xentes como persoas tolerantes e acolledoras. Porque non sempre serán historias de baixo ventre político publicitadas por supervivientes arruinados e aprejeseirados as que arruinen a imaxe de Camariñas  ante os seus semellantes.

Engadir un comentario