A entrega das bandas, un clásico das ceas de voluntarios da Mostra do Encaixe

A Mostra do encaixe, un universo en si mesmo, desenrolou co pasar dos anos as súas propias leies e tradicións. E unha insoslaiable, definitoria a máis non poder, era a constituida pola clásica Cea ca que a Organización do maior certame encaixeiro a nivel mundial rendía a debida homenaxe aos seus voluntarios. Normalmente, rapaces e rapazas novas do Concello así como estudantes da Escola de Turismo da Coruña, xentes ilusionadas e desinteresadas que prestan nos días centrais da Semana Santa un traballo vital de necesidade a maior gloria da súa terra, son os protagonistas dunha multitudinaria cea onde o bo ambiente, as risas e o compañeirismo son as notas definitorias.

Esas características foron precisamente as que fixeron de Tamara Cabrejo a alma de moita das ceas dos voluntarios da Mostra. Era chegar o momento de entrega das clásicas bandas de Miss e Míster e explosionar en toda a súa inmensidade a gracia e persoalidade de Tamara. Por elo cando se dou a coñecer que esta edición era a do seu adeus definitivo ao voluntariado, os que foran os seus compañeiros ao longo dos anos decidiron agasallala cun emocionada e sinceira homenaxe. Tamén os xoves deseñadores fixeron outra entrega d ebandas, ésta ás modelos, simpática e interesante, pero xa non mediaba na mesma Tamara Cabrejo. As ceas dos voluntarios da Mostra xa non serán o mesmo.

Comentarios   

Corpiños xeitosos
0 # RE: Cea dos Voluntarios da Mostra 2013Corpiños xeitosos 03/04/2013 17:06
Que ben o pasastes,como debe de ser vivir a vida en alegría non como outros que andan sempre amargados e non deixan vivir,veña a gozar a lume de biqueira que é o que nos imos a levar para o TANATORIO,jajaj a,asi dá gusto con persoas tan alegres.Seguir asi toda a vida
Responder | Denunciar ante o administrador
PORTOCAMARIÑAN
+1 # RE: Cea dos Voluntarios da Mostra 2013PORTOCAMARIÑAN 03/04/2013 21:35
Estiven estudando,que xa é dicir e no que vai de ano aquí todo deus pide a dimisión ,non entro en detalles de si esta ben ou non ,iso déixoo para outro momento,o Rubalcaba pide a dimisión de Rajoy,os tres partidos da oposición en Galicia piden a de Feijoo e na nosa vila a de Pichurri,o que eu vexo é que non dimite ninguén que lle piden a dimisión ou sexa palabras para o galiñeiro e tamén para que algún se acorde de como se chaman algunhas persoas
Responder | Denunciar ante o administrador
MARIQUIÑA
+1 # RE: Cea dos Voluntarios da Mostra 2013MARIQUIÑA 04/04/2013 13:49
mira os voy a contar una cosa,(que bien te lo pasais larpeiros)el domingo de Ramos te fui a misa y cuando te vi subir aquella cosa para leer en la iglesia dije yo "Ay Dios mio que estas de rebajas"pero bueno como era domingo de Ramos le perdone a Jesus ademas sabiendo que te iba a morir a los pocos dias,verdad,pob riño murio por nosotros,pero este hombre casi me hace soltar un taco en el medio de la iglesia ,que verguenza,un hombre hablando del Señor que no sabe lo que es el perdon y tu en la cruz,no te vale la pena morirse por nadie,despues aun se rien de uno,pero yo te CREO
Responder | Denunciar ante o administrador
NOITE PECHADA
0 # RE: Cea dos Voluntarios da Mostra 2013NOITE PECHADA 06/04/2013 15:27
Xa era mais que visto o que ía suceder en Vimianzo ,non fai falla ter ningunha carreira de ciencias económicas,hai veces que chega con ter catro dedos de fronte,o Sr Antelo quere seguir sendo alcalde ,pero nos plenos vano a comer como os lobos comen ás presas e é que para gobernar hai que consensuar ou ter a maioría e á miña por moito que me digan hai que ter moitos ovarios para que un home goberne coma se tivese a maioría,resulta do, un mal moi grande para Vimianzo,culpa primeiro de Antelo e segundo do PP e do Psoe,quen non ten culpa ningunha o pobo ,nadita de sentido,noite pechada
Responder | Denunciar ante o administrador