1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Acto de inauguración da XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esta chuviosa tarde do mércores 27 de marzo foi inaugurada a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas. A esta celebración acudiron por parte da Xunta de Galicia a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a Vicepresidenta da Deputación da Coruña Mariel Padín acompañando ao Alcalde camariñán Pichurri. Ademáis deixáronse ver neste acto outras persoalidades coma Fran Caamaño ou a deputada Provincial e Alcaldesa de Cee Zaira Rodríguez así como tamén un amigo desta redacción e habitual da Mostra o Alcalde de Muxía Félix Porto. As representantes autonómica e provincial desculparon aos seus superiores (Núñez Feijoo e Diego Calvo) por non poder asistir a esta nova edición da Mostra do Encaixe por motivos de axenda ainda que tamén quixeron transmitir a súa mensaxe de apoio ao maior certame encaixeiro a nivel mundial.

Pichurri centrou o seu discurso inaugural na vontade firme que deben ter todas as administracións de apoiar este sector económico tan importante para Camariñas como é o Encaixe, e máis apoio debería de ter en tempos de crise. Acto seguido, despois das palabras das autoridades presentes, comezou o seu habitual percorrido polos diferentes e renovados stands onde tiveron saúdos e animadas conversas coas palilleiras e artesáns. Xa despois, comezou o que foi o debut de Franco Quintáns como director dos desfiles de moda da Mostra do Encaixe con unha pasarela pola que desfilaron mostras de grandes deseñadores así como tamén algunhas mostras de incrustación de encaixe en vestidos de noiva e de comunión. Foi este último desfile o que arrincou máis aplausos do público debido a que as modelos eran todas rapaciñas de Camariñas ás que adicaremos hoxe un reportaxe especial. En fin, xa deu comezo esta nova edición da nosa Mostra do Encaixe de Camariñas. Un Mostra de numerosas novidades e naque a nova encargada do evento, Sandra Ínsua, centrará moita da súa actividade en potenciar os lazos internacionais para promover unha relación comercial de proveito para as nosas encaixeiras.

Comentarios   

Beldoña
+9 # INAUGURACION DA MOSTRABeldoña 28/03/2013 11:57
MOSTRA DO ENCAIXE

Camariñas, terra de encaixe e de flores;
mariñeira terriña dos meus amores.
Hoxe é o día que as mulleres visten de cores.
É o día en que o mundo lle rende os honores.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+8 # ao encaixe e a Antonio PuertasMoncho de Dios 28/03/2013 12:21
Antonio tu casi haces encaje con las palabras,me gusta mucho lo que dices y a las panilleiras que decirte, tienen arte en sus manos,creo y lo digo con el corazón que esta muy mal pagada esta nuestra artesania ya tan antaño que se habla de varios siglos llevado de manos de madres a hijas y algún que otro hombre,pero ya menos,repito que tengan suerte y que puedan vender el arte de sus manos a buen precio,aunque tengo entendido que los que hacían el picado eran hombres,
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Manuel Souto
+8 # INAUGURACION MOSTRA DO ENCAIXE 2013Jose Manuel Souto 29/03/2013 00:09
Parabens a todas as palilleiras (artistas demostradas) e noraboa a toda xente traballando para que todo saia "do millor", especialmente a Sandra Insua (hola prima!)

P.S.:Antonio Puertas; vostede e maxistral, sempre vinculando a sua fermosa prosa coa nosa Costa da Morte...vai por vostede, Maestro!
Responder | Denunciar ante o administrador
David Quintas
+5 # RE: Inauguración Mostra do Encaixe 2013David Quintas 30/03/2013 14:35
El tiempo no nos esta acompañando,oja la los que vengan se lleven un buen recuero y mucho encaje,
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+7 # RE: Inauguración Mostra do Encaixe 2013Beldoña 30/03/2013 21:38
Grazas, Moncho, e grazas José Manuel, polos vosos comentarios.
Tedes que perdoar que non houbera contestado antes, mais, estiven incomunicado por unha avaría no meu ordenador.Hoxe por fin, mo amañaron.
Un agarimoso saúdo pa vos e pa todo o meu ben querido pobo Camariñas.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Mariquiña
+6 # RE: Inauguración Mostra do Encaixe 2013Mariquiña 31/03/2013 19:40
No sabeis una noticia,os la cuento,nos vino a visitar en la feria del encaje la sra vicepresidenta de la diputacion doña Mariel Padin y otra sra que no me acuerdo y tambien la Zaira,si la de los tubos,pero los del PP del ayuntamiento no se les veia nada al lado de estas gentes y yo que soy muy...digo que nos pasara que en todas las familias tenemos jaleos,pobriños ,no te tienen ningun sentidiño pero como te van a venir a tu localidad y que no esten con los de tu partido aqui,o te sera cosita de Zaira,mira que las mujeres cuando nos ponemos somos muy malas y p.... si te lo se yo por esperiencia te esta empezando la era de las mujeres,pues hombres ya no te quedan
Responder | Denunciar ante o administrador