1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Impresionante perspectiva da pasarela pola que desfilarán as máis fermosas modelos

O tantas veces repetido adaxio de facer da necesidade virtude. Nos tempos de carestía que corren, abandoada polas restantes administracións públicas, a Mostra do Encaixe debío destinar 90.000 euros a un evento no que non hai moito podían gastarse tranquilamente ata preto de 300.000 euros. Houbo que agudizar o inxenio e buscar alternativas cáseque imposibles. E normalmente elo levou a Mostra a concentrase no seu entorno máis cercano, no seo do propio Concello, acudindo a uns profesionais das diversas ramas que amosan ca súa elevada cualificación técnica, profesionalidade intachable e o innegable plus de amor pola terra como con menos, moito menos, pode facerse moito máis.

Este foi o caso da firma seleccionada para encargarse da estructura da XXIII Mostra do Encaixe, a empresa camariñana Carpintería Alberto, que cun traballo serio e innovador, vanguardista, ven de revolucionar o aspecto externo do maior certame encaixeiro a nivel mundial. Uns deseños para os stands así como para o salón de desfiles que sen dúbidas abraiarán a todos aqueles visitantes que se acheguen pola Vila das Palilleiras na semana máis sinalada do ano. A punto de pechar a cuadratura do círculo, a Mostra do Encaixe encamíñase a pasos axigantados ata o obxectivo non moi lonxano de ser un producto 100% camariñán.

Engadir un comentario