A Mostra encara unha edición con notables anos respecto ás precedentesPois aquí seguimos como sempre: na brecha informativa e ás portas dunha edición do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial que presenta importantísimas novidades respecto a edicións precedentes. Obrigada a reciclarse por mor do abandono lamentable de administracións de superior calado e distinta cor política, a Mostra do Encaxe de Camariñas adáptase aos novos tempos e cambia a súa fisonomía, tal vez para sempre. En primeiro lugar, co aspecto dos stands: unha renovación de importante calado, acometida por un empresa local, Carpintería Alberto, que se encargou de todo o proceso de elaboracón e montaxe dos distintos postos. Unha presentación dos mesmos que se garda en secreto á espera de sorprender aos visitantes no momento de inauguración da que será a vixesimo terceira edición da Mostra.

A segunda novidade ven determinada pola substitución da compañía encargada dos desfiles das modelos: un clásico que abandoa a pasarela da Mostra para ser reemplazada por outra de nova aparición, da que fiscalizaremos minuciosa e pormenorizadamente os seus resultados. E finalmente, pretende dárselle un importante espaldarazo aos encontros de profesionais deste oficio propio de artesáns: xuntanzas, cursos e talleres sucederanse sen solución de continuidade ao longo do 27 ao 31 de marzo de 2013, unha interactividade e plataforma para o cambio de impresións cos que afianzar a Mostra como o punto de encontro imprescindible, insubstituible e definitivo para todos aqueles vinculados por aficción, negocio ou profesión a unha das artes das fermosas deste mundo de Deus: o encaixe de bolillos.

2013, a edición máis participativa da Mostra do Encaixe

Comentarios   

Moncho de Dios
+2 # RE: XXIII Mostra: O Ano do CambioMoncho de Dios 25/03/2013 15:26
Yo soy una de esas personas que tiene que estar agradecida totalmente al encaje o labor almohada anillos alfileres e hilo que las mujeres entremezclaban con sus dedos a una velocidad increible,yo comi y vivi gracias a mis padres de eso,por eso para mi la feria es importante pero mucho mas AS PANILLEIRAS,oja la que vendan mucho y bien,suerte
Responder | Denunciar ante o administrador
FEIRA DO ENCAIXE
0 # RE: XXIII Mostra: O Ano do CambioFEIRA DO ENCAIXE 25/03/2013 18:13
Tiña que ser totalmente unha gran festa,pensada nas suas grandes protagonistas," as palilleiras"esa s son as que se merecen todo e a súa festa e non como outros que están facendo a feira sen levar o produto no seu corazón,non podes vender nada do que non estes convencido de que é o mellor
Responder | Denunciar ante o administrador
MARIA CASTÑEIRA
0 # RE: XXIII Mostra: O Ano do CambioMARIA CASTÑEIRA 25/03/2013 18:56
Vou boa de ter o cu sentado e asi horas e horas que xa nin as pernas sentía,sobre todo no inverno,pero tamén pasabamos moitas veces moi alegres con faladoiros e chistes ás veces añoro eses tempos ,creo que en certo xeito era de mais unión que agora,agora xa chega a tele para ver tantas maldades polo mundo que uno non entende
Responder | Denunciar ante o administrador
PANILLEIRA
0 # MONCHOPANILLEIRA 25/03/2013 19:05
Yo conosi a tu mama,creo como tu la panilleira tenia ser la grande
figura dela feira e a veces solo se habla de los demas negosios y non del labor o importante es vender a mi la mucha gente sin mercar non me interesa que hagan festas para otras tiendas nos o noso
Responder | Denunciar ante o administrador
A MIÑA AVOA
0 # RE: XXIII Mostra: O Ano do CambioA MIÑA AVOA 25/03/2013 19:22
Resultado:
A miña avóa fálame de noites sen luz,de tronos e lóstregos e era cando aparecia a santa compaña,milagre divino que desde que temos luz na rúa a ditosa santa desaparecio,fál ame duns quinques que lle alumaban e dunha urna pequena onde poñían unha vela para ir protexida do vento e iluminarse nas rúas,di que non sabemos o que temos,eu díxenlle que seguramente nós lle contariamos algo aos nosos netos da nosa época e eles quedáranse coa boca aberta
Responder | Denunciar ante o administrador