1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Javier Cabrejo toda unha vida de exemplar traballo na FábricaJavier Cabrejo logrou algo de difícil, por non decir imposible, consecución nestes tempos que corren: redondear o círculo de toda unha vida laboral na mesma empresa. O que chamaríamos "estructura circular" nunha novela: acabar alí onde se empezou. Elo acontecía tras 42 anos, toda unha vida de traballo honrado e exemplar na Fábrica de Cedeira e para celebrar a súa xubilación os seus compañeiros de Cerdeimar decidiron agasallalo cunha cea homenaxe que tiña lugar na noite deste pasado sábado 16 de marzo de 2013 nun ristorante da vila. Unha tipo de celebración que acontecía por segunda vez en menos dun mes despois da xubilación doutra traballadora da Fábrica de toda a vida como a súa prima Maruja Cabrejo.

Antes que as súas obrigas laborais, en maio de 2011 Javier Cabrejo deixara por motivos de saúde a outra das súas paixóns, a da defensa dos intereses dos veciños de Camariñas a través do seu posto de concelleiro no Salón de Plenos municipal. Poñía así fin Javier Cabrejo a unha dilatada traxectoria dentro do municipalismo camariñán nas filas socialistas concentrándose unicamente no seu traballo en Cedeira ata que no momento presente, cáseque dous anos despois, abandoaba asemesmo o posto laboral que desempeñara exemplarmente durante 42 anos consecuencia da que esperamos sexa unha prácida xubilación. Un descanso merecido e obrigado despois de toda unha vida de compromiso inquebrantable ca mesma empresa.

Os compañeiros de Cerdeimar acompañaron a Javier Cabrejo na súa cea de despedida

Comentarios   

Mila
0 # RE: Javier Cabrejo xubílase tras 42 anosMila 06/04/2013 18:01
En esa época trabajaba yo y otras pero a nosotras nonos cotizaban En hora buena Javier
Responder | Denunciar ante o administrador