Santiago Fernández á fronte do mellor grupo humano posible para dirixir o CNC Na tarde deste pasado sábado 16 de marzo de 2013 o ex-Vicepresidente e Socio Fundador do CNC, o prestixioso arquitecto Santiago Alfredo Fernández Puentes, convocaba a unha reunión nas instalacións da institución náutica decana da Costa da Morte aos integrantes da súa candidatura. Unha ilusionante mezcla de xuventude e experiencia douse cita na desapacible sobremesa de tardo inverno e empezou a delinear as liñas mestras dunha lista conformada a partes iguais por membros de elevada formación académica e cultural e dunha amplia experiencia vital e no ámbito da xestión económica e empresarial. Unha candidatura na que repiten ata seis membros da derradeira Xunta Directiva, avalados pola máis exitosa xestión da historia do CNC, aquela que conquerío a primeira Bandeira Azul da historia do Concello de Camariñas, destacou pola súa impecable xestión con Portos de Galicia chegando a acadar inversións millonarias da Xunta de Galicia e aplastou a maior ameaza en 22 anos de historia do CNC dun xeito tan demoledor e absoluto que elo non lle costou nin un só euro áos bolsillos dos socios. Este sábado reuníase a única candidatura que está en condicións de garantizar a permanencia do CNC na Primeira División dos Clubs Náuticos galegos.

Aos seis membros que repiten na candidatura, Santiago Fernández decidío sumar catro importantes fichaxes, que complementan un equipo experimentado e fogueado durante a okupación ilegal e que representan a sectores clave na actual composición socioeconómca do noso concello: Alvito Diéguez, representante do tecido empresarial do municipio, un dos persoeiros máis exitosos neste ámbito durante os derradeiros 30 anos; Manuel Martínez Romero, veciño da Ponte do Porto, chamado a ser o portavoz dos intereses porteños na Xunta Directiva; Dennis Compton, ex director de Complexos Hospitalarios de recoñecido prestixio no Reino Unido, agora xubilado e chamado a aportar a súa invaluable experiencia na xestión cotidiana do CNC e o punto de vista dos socios provintes de países da Unión Europea; e finalmente, Juan Manuel Pedrouso Vieiro, xoven empresario hosteleiro en Santiago de Compostela, namorado dende o primeiro momento da Vila das Palilleiras, provinte dunha histórica familia de constructores e que aportará a súa destreza no mundo da hostelería para evitar acontecementos como os que asolaron o CNC durante o exercicio 2012.

Entre os que repiten, ademáis do candidato a Presidente Santiago Alfredo Fernández Puentes, un dos máis prestixiosos arquitectos de Galicia, propietario das históricas Torres de Cereixo, Socio Fundador que foi do CNC, unha xeración de directivos fogueados baixo as balas okupas. Entre os mesmos, atópanse xoves integrantes da anterior Xunta Directiva como Manuel Ángel García Insua, exitoso abogado, propietario dun prestixioso bufete en Santiago de Compostela e responsable xunto ao seu irmán Félix dalgúns dos máis sinalados establecementos hosteleiros da capital de Galicia; Marcos Vázquez Campaña, Licenciado en Dereito, Funcionario de Carreira pertencente ao Subgrupo A1, actual Interventor do Concello de O Grove (Pontevedra). Ademáis, Ignacio Martínez Mañas, exemplo prototípico de camariñán de adopción, ese raro especimen que acaba por amar Camariñas dun xeito máis absoluto que os propios naturais do lugar, afamado trotamundos que desempeñou trafegos baixo rexímenes tan diversos como a Sudáfrica de finais dos 60 ou a Gran Bretaña de Margaret Thatcher; Mariluz Campaña Blanco, filla dun dos máis míticos armadores da historia de Camariñas, Manuel Campaña Martínez "Perrúa" e amplia coñecedora da realidade social do noso concello; e finalmente, como Vicepresidente, tamén descendente dunha histórica familia mariñeira, un camariñán de toda a vida como José Ramón Pasantes Ramos, proxenitor dunha das maiores promesas da Escola de Vela municipal.

Unha candidatura en definitiva que recolle a rica experiencia da que foi a máis exitosa Xunta Directiva da historia do CNC, con ata seis dos seus máis sinalados integrantes, aqueles que encararon sen dúbidas nin vacilacións o asalto que se acometeu contra a institución náutica decana da Costa da Morte e o aplastaron de forma demoledora. Unha lista na que Santiago Fernández Puentes logrou rodearse de socios honestos, de elevada formación e experiencia, sen vinculacións políticas nen partidistas, que non transixirán cos amiguismos nin corrupcións, que non utilizarán o CNC como moeda de cambio para o pago de favores persoais, na que non se busca colocar no Bar Restaurante a ningunha suposta empresa hosteleira, que non escatimarán nin un dos seus folgos en perseguir a aqueles que teñan contraídas débedas cos lexítimos propietarios do Club Náutico, os seus socios, e que garantizan a exitosa xestión dos derradeiros catro anos para o futuro. Unha candidatura firme, honesta e competente, a única en condicións de garantizar a paz social despois da inestabilidade provocada por quen pretendía facerse dono do CNC polas bravas, e de asegurar a igualdade de dereitos entre os socios de toda condición, sen que se cre unha élite de socios de primeira e unha plebe de segunda, recoñecendo en todo caso a vital contribución e esforzo daqueles que fundaron a base de duro traballo e visión de futuro o que estaba chamado a ser a institución náutica máis antiga desta Franxa Atlántica. Unha lista, a formada por Santiago Fernández Puentes, que recolle o mellor que a día de hoxe existe no Club Náutico de Camariñas e a única, sendo realistas, en garantizar a súa existencia máis alá do corto plazo.

Comentarios   

MUNDO INSOLITO
+5 # RE: Unha lista seria, honesta e competenteMUNDO INSOLITO 20/03/2013 15:32
Falta un dia menos para el gran DIA,el dia de las elecciones al nautico,va a marcar una nueva epoca de gloria y esplendor en esta magnifica vila,adios rios do meu lugar,nada importa todo se queda parado hasta a figueira que eu prantei,pero merece la pena,cuantas hojas cuantas palabras y el sabado se escribe la historia de una forma o de la otra,todo depende de las papeletas que unos socios depositen en unas urnas,no cambio nada,a los hombres nos hacen falta estas pequeñas batallas,tenemo s que marcar nuestro territorio igual que antaño el HOMBRE SAPIENS.No me olvides queridiña si morro de soidás...tantas legoas mar adentro...¡Miña casiña!,¡meu lar!
Si,si, pero ahora la marcamos democraticament e,vamos caminando,
Responder | Denunciar ante o administrador