- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Decembro 2007 30 Decembro 2007
Éxito rotundo da Cea Oficial Fin de Ano de camarinas.eu

Despois dunha semana na que non demos a basto a vender entradas, e que fixo que descoidáramos un pouco a información, onte sábado 29 de decembro celebrouse cun éxito total de asistencia e ambiente a primeira Cea Oficial Fin de Ano da páxina web máis visitada da Costa da Morte: camarinas.eu. E así, tan só unhas poucas horas despois de rematar a cea acadouse a cifra máxica de ¡200.000 visitas! menos de mes e medio despois (15 de novembro) de acadar as 100.000, e todo elo en menos de 140 días. Para ler a noticia completa e ver a galería exhaustiva de 100 fotos pulsa na foto principal.
Para ser xustos temos que decir que esta cea organizouse de acordo cun novo estilo que está a xurdir e que crea escuela: o estilo de camarinas.eu: tarde, mal, a rastras, cunhas previsións destartaladas, cunha estratexia cativa, deixando todo para o último momento, sen levar un control claro do número de asistentes, sen cerciorar se todos abonaron a súa entrada, en definitiva, improvisación pura. E sen embargo, o éxito é rotundo, ata tal punto que ó final lamentablemente moitos usuarios non poideron asistir e quedáronse fóra polo problema do abarrotamiento do local. Este éxito débese aos asistentes á cea, os usuarios e amigos de camarinas.eu, auténtico corazón da nosa páxina que se volcaron con nós en todo momento e que nos fixeron pasar un momento indescriptible, histórico.

Esta redacción quere agradecer a todos os asistentes a súa participación e tamén a aqueles que quixeron acudir á cea pero non poideron estar con nós, como esa institución do periodismo español que é o camariñán José Luis Blanco Campaña, o cal púxose en contacto con esta redacción para excusar a súa asistencia por motivos de traballo, pero comentounos que é un lector voraz e asiduo de camarinas.eu e que en todo o que poda apoiará ao máximo a esta, a web do seu pobo querido. Así, entre os asistentes contábase o propio Alcalde de Camariñas, Pichurri, que sempre apoiou á páxina dende os seus comenzos, co espaldarazo que supuxo para camarinas.eu a entrevista concedida polo Alcalde, e que con máis de 3.000 visitas é a nosa noticia máis visitada ao día de hoxe. Tamén estivo entre nós, a pesares de sufrir un proceso gripal, Marisol Soneira Tajes, deputada autonómica e usuaria fanática de camarinas.eu, sempre prestando unha man cando fai falta. Foi precisamente o virus da gripe que está a facer estragos no noso pobo estes días o que impedío que acudira a cea, tal e como era o seu desexo, Daniel Rego, voceiro do PP camariñán. Pero sobre todo estiveron, varias ducias de familias camariñanas de toda a vida que sinten a nosa humilde páxina como algo propio, querido e xa vital nas súas vidas. A todos vós, ¡GRACIAS!

Falando xa sobre a cea, ¿qué vos vamos a decir? Onte a cociña dos Catro Ventos esmerouse como só eles saben e regalounos un menú de primeira calidade que esperamos fora do agrado de todos: unha fideguá de ameixas de entrante, abadexo fresco rebozado, e finalmente carne asada en salsa de champiñóns con patacas fritas do pais, rematando cuns postres espléndidos. Unha delicatessen pura. Unha vez rematado o tercer prato, rifouse unha foto enmarcada ca imaxe do noso faro que é o logo de camarinas.eu, agradecendo sinceramente a axuda que botaron na venta das rifas os usuarios, entre eles Juan Esteban, o cal lucía colgado ao cuello a modo de penitencia un pintoresco cartel ca palabra ESTROPAJO, formada polas iniciais dos catro niks que utiliza a diario na páxina: EStudiante, TROtamundos, PAleto e JOdón. Unha man inocente sacou o número premiado o cal correspondeu a Inés, a esposa de Manuel de Lin. Lástima de foto, en fin outra vez será.
E despois comenzou Mikel que vestido totalmente de negro recordaba o cantante xa falecido de country-rock norteamericano Johny Cash. Unha vez agarrado o micro, Mikel, o poeta do dolor ("yo no tendré estudios, pero estoy licenciado en dolor") cantou unha versión de "Bailar pegados" de Sergio Dalma, pasando a entonar a coro cos usuarios o "Casiñas Brancas" e "Ó pasar por Camariñas". Posteriormente, Juan Esteban arrancouse cun par de mexicanadas marca da casa, que representan mellor que nada o que é a auténtica cultura popular de Camariñas, arte eterno. ¿Qué lle vamos a facer si os nosos usuarios son talento puro? Onte demostrouse que todo o que fan, fano ben. Tamén debe recordarse a Rique, xenio e figura, o cal subido nunha silla, protagonizou o, posiblemente, chiste mellor contado que escoitamos na nosa vida, facendo que todo o local se enchera de carcaxadas hilarantes. A todos vós, ¡GRACIAS!
Finalmente, só queda recalcar que esta redacción ponse a disposición dos seus usuarios para, cando eles queiran, celebrar outra cea ou evento semellante. E dade por seguro que a esa cea, e sobre todo si van mulleres tan guapas de tódalas idades como as que foron a cea de onte, tamén estará presente a papeleira máis famosa e mulleriega de España, o emblema de camarinas.eu: Taller. O dito:¡GRACIAS!
Comentarios
Saludos dende Segovia e feliz ano novo pra tod@s.
Perdona taller, era broma eh.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.