1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Hai xa moitos anos aceptábase como cousa normal e incluso obrigatoria a identificación dun traballador ca empresa na que prestaba os seus servizos. Eran tempos nos que cando se contrataba a unha persoa era para toda a vida, cando os responsables dunha compañía velaban polos intereses dos seus asaliarados, cando ser un ladrón e un irresponsable estaba mal visto para os admnistradores. Outras épocas sepultadas definitiva e perpetuamente nuns días presentes onde o constante cambio, a irresponsabilidade e o latrocinio son o pan noso de cada día. Con todo en ocasións aínda se ven honrosas excepcións que fan a un viaxar no tempo.

Foi este o caso da nosa veciña Maruja Cabrejo Soto a cal despois de máis de quince anos de traballo exemplar e honrado en Industrias Cerdeimar, na por todos coñecida como Fábrica de Camariñas, ao cumprir os 65 anos a finais do ano pasado tocoulle encarar a época dorada da xubilación. Con tal motivo, as súas compañeiras decidiron agsaxala cunha comida de homenaxe, a cal tivo lugar nun grato ambiente de camaradería e amistade no Restaurante Villa de Oro. Agora tocaralle Maruja, viuva dende hai xa anos, cuidar dos seus catro netiños, fillos das súas filla Isa e Mara e lembrar con orgullo toda unha honrada vida de traballo intachable e o calor e cariño das súas ex-compañeiras de traballo.

Comentarios   

Beldoña
+6 # PARABÉNS, MARUJABeldoña 23/02/2013 22:43
Que disfrutes da túa xibilación por moitos anos, con saúde e cos teus.
Unha aperta
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Manuel Rodriguez
+2 # RE: Xubilación dunha traballadora da fábricaManuel Rodriguez 24/02/2013 18:28
En los pueblos nuestras mujeres son muy apañadas con el dinero,yo ahora mismo no se los años que cotizo pero si solo cotizo 15 años no le va a tocar mucho,de todas formas toda la suerte del mundo
Responder | Denunciar ante o administrador
Mila
+1 # FabricaMila 06/04/2013 17:55
En hora buena por tu jubilación Yo trabaje en la fabrica muchos años pero en ese tiempo no se cotizaba jajaja
Responder | Denunciar ante o administrador