- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Febreiro 2013 02 Febreiro 2013
Non se falou da maldita política, ninguén intentou facer proselitismo respecto dunhas siglas desprestixiadas, nin moito menos se utilizaron unhas instalacións para levar a cabo reunións con posibles votantes. Este venres o CNC voltou cumprir a súa función primixenia de institución náutica e asociativa entregada ao lecer dos seus donos: os socios, non os votantes ou dirixentes dunha determinada formación política. E así xentes libres, apolíticas, con gañas tan só de pasalo ben nun clima inmellorable de amistade e camaradería, con especial mención ao importante continxente porteño, reapoderáronse do lugar e o mantiveron cunha vida e movemento totalmente olvidados ata ben entrada a madrugada. Departindo amigablemente ca masa social e recollendo as súas suxerencias e felicitacións estivo unha nutrida representación da Xunta Directiva: Marcos Vázquez Campaña, Mari Luz Campaña Blanco, Ignacio Martínez Mañas, Alberto Artaza e Manuel Angel García Insua. Tamén, como non podía ser menos, o Director do medio que ao longo do ano das sombras fixo posible co seu apoio decisivo, vital de necesidade, que este día histórico chegase: Diego Alonso Freire, o cal recollería as imaxes das que a prensa autonómica se faría eco ao día seguinte amosando como os socios recuperaban o seu amado club.
Nembargantes, como único símbolo dos vellos tempos, dos días da okupación ilegal, do intrusismo político e da chantaxe, ameaza e agresión, extramuros do salón social, nas tinieblas exteriores, baixo a xélida choiva, un jeep cañonero embargado xudicialmente polos pufos masivos de quen resultara ser o seu dono, pinchadas as súas rodas, imaxe lamentable e tan costosa para as opcións turísticas de todo un concello, contemplaba impotente a escea e bágoas de choiva resbalaban pola súa destartalada, carcomida e oxidada, carrocería.