1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Nova victoria inapelable de Andrea no programa estrela da TVG

O que antes era unha promesa da canción a base de triunfos incontestables convertíose nunha firme realidade. Este venres 11 de xaneiro de 2013 no mascarón de proa mediático da TVG, o programa Luar, Andrea Rodríguez Romar desenrolaba sen maiores atrancos todo o talento musical que leva dentro e vencía novamente no Concurso Recantos ao representante da Terra de Trives, obtendo dun xurado rendido aos seus pes a maior puntuación obtida nunca nesta rolda. Eso polo que respecta á opinión dos sabios expertos, xa que en canto ao público quedábase lonxe do apoio obtido polo representante ourensán: Cristian facíase con 7 puntos frente aos 3 de Andrea. Nembargantes este apoio popular era suplido pola forza do canto desta xove camellana e unha nova victoria caía do lado da representante da Costa da Morte.

Agora a vindeira actuación terá lugar o 22 de febreiro coa canción EL RELICARIO, supoñemos que será coa versión de Carmen Sevilla, polo tempo que dura xa que a orixinal de Imperio Argentina dura case o doble e a de Sara Montiel 1 minuto máis. A este respecto Andrea non ten porblema en aclarar unha vez máis que as cancións non as escollen os participantes, senón que as impón o programa, gustelle ou non ao concursante; por outro lado, tanto a letra traducida o galego coma a música coa que van cantar facilítanlla ao concrusante tan só tres días antes da actuación o que bota por terra todos os ensaios anteriores e obriga a un sobreesforzo e capacidade de adaptación realmente importantes. En todo caso ningunha destas dificultades engadidas parecen afectar en demasía á nosa talentosa heroína que este venres sumaba unha muesca máis no seu revólver musical e engadía un novo triunfo para o Concello de Camariñas.

Comentarios   

Chuchita
+2 # RE: Novo triunfo de Andrea en LuarChuchita 15/01/2013 12:49
Andrea eurovision!!! Gañadora con diferenciaa!! Moi ben andrea! Tes todo o noso apoio!!!!! juapaaaaaaaaaaa aaaaaaa
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Novo triunfo de Andrea en LuarBeldoña 15/01/2013 12:57
Auguroche un gran futuro. Parabens...

A ANDREA

Canta, miña nena, canta,
que, cantando, ven a aurora,
e as penas teu canto espanta
na mañanísima que aflora.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Novo triunfo de Andrea en LuarBeldoña 15/01/2013 13:01
A ANDREA

Canta, miña nena, canta,
que, cantando, ven a aurora,
e as penas teu canto espanta
na mañanciña que aflora.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
por la aclaracion
+1 # graciaspor la aclaracion 15/01/2013 21:25
A veces el no saber te hace decir cosas que pueden dar a entender que eres un petulante,una vez que se que las canciones te las eligen ellos pues mis disculpas,a mi ya me parecía algo raro conociendo tu voz que cantaras esta canción que no es que sea fea,pero que hay que moverse mucho,perdona y suerte,te vi como te dije mucho mas centrada
Responder | Denunciar ante o administrador
desde a Ponte
+1 # RE: Novo triunfo de Andrea en Luardesde a Ponte 15/01/2013 21:37
estamos contigo y te deseamos lo mejor anímate y sigue que lo sabes hacer muy bien cuenta con nuestro voto
Responder | Denunciar ante o administrador
javier taboada
0 # RE: Novo triunfo de Andrea en Luarjavier taboada 16/01/2013 20:35
Cantastes muy bien y lo pase algo nervioso pero ya al ver que estavas clasificada me relaje,gracias pues es una forma de tener otro entretenimiento
Responder | Denunciar ante o administrador