1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Neste vindeiro venres 26 de Marzo o Concello de Camariñas celebrará un pleno cuxas propostas se centran principalmente na hostalaría e postos ambulantes. Por un lado, coa proposta de derrogación das taxas que teñen que pagar os hostaleiros polas súas terrazas que ocupen terreo público (a cal xa está suspendida dende Maio do 2020) e por outro a referida a de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas tamén en terreo público.

O obxectivo en ambos casos é o de mitigar o impacto que está a supoñer a crise sanitaria orixinada pola COVID-19 e á súa vez fomentar e tratar de impulsar o desenvolvemento destas actividades económicas.

Outros asuntos do pleno

Na sesión plenaria tamén se inclúen na orde do día: a creación da praza de tesoureiro como habilitado nacional, o incremento retributivo do 0,9% previsto para o persoal funcionario como o laboral e unha emenda de deficiencias do acordo plenario de data 29-01-2021 de participación no Plan Único 2021 Plan.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.