- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 19 Decembro 2012 19 Decembro 2012
Comenzou como unha sinxela iniciativa da Comisión da Festa do Carmen que acabou collendo vuelo gracias á implicación de Camarinas.eu e do Concello de Camariñas e que finalmente todo indica acabará sendo un evento chamado a pervivir durante décadas no imaxinario colectivo da Vila das Palilleiras. Elo acontecerá este sábado 22 de decembro de 2012 a partires das 14:00 horas cando teña lugar a solemne inauguración do Monumento á Virxe do Carmen no Paseo Marítimo de Camariñas. Máis ou menos en frente ao Gadis, ca bendición santa do páter Don Jesús e ca presencia estelar da Danza de Arcos. Unha hora antes, ás 13:00 horas, e tal e como mandan os cánones, celebrarase na Capela do Virxen do Carmen unha misa solemne en honor á Patroa de tódolos mariñeiros.
Respecto á presencia da Danza de Arcos, todo partío dunha idea do noso querido usuario Reira, que nun comentario no facebook lanzaba o desafío de que, a semellanza do acontecido hai preto de 30 anos ca inauguración oficial da Estatua á Palilleira, unha representación dos mellores arqueiros do mundo estivera presente no evento. Pouco a pouco fóronse sumando voluntarios a esta brilante iniciativa ata acabar sumando un número non despreciable de arqueiros e, no que constitúe un hito histórico na Danza de Arcos camariñana segundo nos acaba de confirmar hai escasos intres o Presidente da Comisión, Rubén Lema, por primeira vez nun acto oficial membros do sexo femenino formarían parte da serpente multicolor que desfile en honor á súa Virxiña. A Danza adecúase ao ritmo dos tempos e as mulleres, por dereito propio, entran finalmente a formar parte da mesma. Os ensaios están previstos para as 16:00 horas do venres e agora tan só debemos esperar que o tempo acompañe e non bote a perder a que está chamada a ser unha cita histórica para Camariñas.
Todo elo como prolegómeno do que está por vir para as 22:00 horas da noite en cuestión: a Cea Baile da Festa do Carmen 2013, concebida un ano maís como homenaxe especial a todos os nosos emigrantes. Nesta edición óptase como lugar de celebración pola Casa de Pedra e nunha xigantesca carpa entre o citado edificio e o do Casino unhas expertas pulpeiras chegadas dende o Carballiño prepararán un pulpo antolóxico á maneira ourensana que acompañado de suculentas racións do mellor churrasco fará as delicias dos máis de 150 paladares que xa están apuntados a este festival gastronómico. Incluso unha unidade móvil da Televisión de Galicia confirmou a súa asistencia ao evento e plasmará no celuloide o que alí aconteza. Ao igual que Camarinas.eu que nun día de infatigable combate informativo dará boa conta xornalística desta data chamada a facer historia.
Volcados ca súa Virxen, sumando entre todos o mellor que pode ofrecer a Vila dos Encaixes a día de hoxe, os camariñáns desfrutarán ao máximo este 22 de decembro nunha doble cita solemne e festiva. O cal, tendo en conta os negros días que nos toca vivir, non é pouco.
Comentarios
Cogió un documento se lo pasó a la redacción de esta web y se cargó al gordinflón.Algo que seguramente tenía pensado hacer hace tiempo.Parece facil,pero hai que tener lo que hai que tener y hay que saber ceder.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.