Ningún rapaz perdeu detalle das actuacións
Ningún rapaz perdeu detalle das actuacións

Hoxe 21 de decembro os rapaces da Escola Pública de Camariñas tiveron un día de clase moi especial, o comezo das vacacións de Nadal. Para celebrar este último día de colexio do ano os profesores e os alumnos organizaron un gran espectáculo musical ao que asistiron todos os rapaces e moitísimos pais.

Houbo de todo, pero as actuacións que predominaron foron os bailes en conxunto e as panxoliñas (villancicos), que os alumnos souperon interpretar á perfección coma se de artistas profesionais se tratase (non coma estes "artistillas", supostos actores e culturetas de "gobierno quito y gobierno pongo", que queren vivir sen traballar á conta de que o pobre e xa de por si hiper-hipotecado pobo español pague o canon pola piratería que algúns nos queren impoñer).
Finalmente, e xa falando sobre xente seria, é de recalcar o bo traballo que están a facer todos os profesores e persoal do Colexio "O Areal" de Camariñas. Hoxe, veuse a uns profesores moi entusiasmados cos seus alumnos e a uns rapaces contentísimos cos seus "profes". Desde camarinas.eu queremos darvos a noraboa. Seguide así.

 Pulsa aquí para ir a galería fotográfica do acto

 Videos do Festival de Nadal no Colexio de Camariñas

Comentarios   

Mikel
0 # Mikel 21/12/2007 13:59
Excelente traballo Diego,,,a galeria fotográfica genial,,complet isima,,,os maestros do colexio tamen fixeron unha grandisima labor,,da gusto ver aos nosos pequenos celebrando o Nadal,
Fenómeno Camarinas.Eu
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 21/12/2007 15:26
enorabuena diego polo traballo que fixestes que asi podemos ver os nosos nenos ainda que esteamos fora muitas grasias
Responder | Denunciar ante o administrador
tedin
0 # tedin 21/12/2007 19:53
bo traballo diego es o masimo sije asi e boas festas a todos bo nadal
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # jrasiasruliña 21/12/2007 21:17
diego,jrasias,j rasias,jrasias, jrasias e asi estaria siempre disindoche ,jrasias .non sei como che pajarei todo que fas por todos ,pero por os que estamos fora ,ti non sabes a alegria que nos das ,a min sobretodo.non sei de donde sacas o tempo JRASIAS.as fotos dos nenos os videos estan ESTUPENDOSS .e ver a meu ahijado que o quero con toda a alma. teño que disirche outrabes JRASIAS ( DIEGO )que dios che vendija
Responder | Denunciar ante o administrador
dyanne7
0 # dyanne7 22/12/2007 11:12
Diego es genial fantastico,esto esta barbaro.Sigue asi.FELICES FESTAS.
Responder | Denunciar ante o administrador
javi de nita
0 # javi de nita 23/12/2007 21:10
diego eu darche as jrasias como todos,estas fasendo unha labor estupenda e os que nos encontramos fora do pueblo,sirvenos pa estar un pouquiño mais serca.felis navidad pa todos.
Responder | Denunciar ante o administrador