- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 05 Decembro 2012 05 Decembro 2012
No que constitúe unha nova exclusiva, Camarinas.eu está en condicións de adiantar que si Portos de Galicia non arruina a operación Camariñas contará en breve cun novo monumento que embelezca os seus rueiros. A Comisión da Festa do Carmen, liderada polo noso querido amigo Rubén Lema, ven en datas recentes de adquirir unha Virxen do Carmen de pedra coa intención de instalala de forma permanente no Paseo Marítimo, diante do Gadis. A estatua da Patroa dos Mariñeiros quedaría mirando cara o lugar onde a súa intercesión salvadora desprega os seus efectos benefactores, o mar camariñán, e se todo marcha ben e se obteñen os permisos correspondentes para o día 22 de decembro do exercicio en curso estaría prevista a súa inauguración oficial previa misa solemne de consagración.
Para elo está previsto que este mércores 5 de decembro o Alcalde Pichurri (no que constitúe outro atropelo por parte do mesmo contra os intereses dos veciños) se desprace ata a delegación de Portos de Galicia en Santiago de Compostela para levar a montaxe elaborada, a petición de Rubén Lema, no seo da redacción de Camarinas.eu, e solicitar a pertinente autorización portuaria. En principio cren tódolos involucrados neste orixinal e acertado proxecto que non haberá maiores obstáculos por parte do ente autonómico para obter a autorización e a imaxe da Virxiña, elaborada maxistralmente por un xoven canteiro artesán de Carnés de pouco máis de 30 anos, lucirá maxestuosa no noso Paseo Marítimo. Eso a non ser, claro, que a semellanza do ocurrido co asunto dos amarres do Club Náutico de Camariñas algún político de mostacho perennemente enchoupado se acerque por Portos para tratar de sabotear o proxecto e endilgar unhas cantas trampadas máis que engadir a toda unha vida vivida nunha mentira perpetua.
Polo tanto unha vez máis demóstrase que si ben en Camariñas contamos co peor que a día de hoxe se pode un botar aos fuciños nesta Costa da Morte dos nosos pecados, un conglomerado abigarrado e noxento de políticos okupas, pufistas, mentireiros compulsivos, plaxiadores profesionais, tarados de peito palomo que se eloxian a si mesmos constantemente en estercoleiros cibernéticos a través de mensaxes falsas, gigolós que viven a conta das mulleres da casa, etc... tamén contamos ca mellor xente: xóvenes desinteresados que perdendo tempo libre e cartos, a base de traballo duro e un inestimable esforzo intelectual que desemboca sempre en proxectos orixinais e innovadores e de ter, pese a todo elo, que aturar os insultos desvergonzados e impunes da chusma anteriormente mencionada, melloran día a día o noso concello. O último exemplo, o da Estatua que virá a embelecer o máis fermoso dos Paseos Marítimos.
Comentarios
Miña virxiña do Carme,
virxe que ca espuma xera,
deixa-los pasos marcados
pisando firme na pedra.
No fervello afincas os pes
tendendo a man milagreira,
e coida-lo Neno en brazos
levando os fillos a beira.
…Aplaca-las marusías
dende Malpica a Fisterra;
i en Camariñas festexan
a Santa mellor da terra.
Os milagres da Carmela
gozosa miña alma deixan.
Cepas de bos camariñáns
do seu pobo non se queixan.
Antonio Puertas
De ningún modo, está mal usado la nominación Carmela, ya que esa terminología abreviada de Señora del Monte Carmelo… o la Carmela, o Carmelita, son acepciones comunes, universalmente reconocidas.
Tenemos infinidad de similitudes que vienen a cuento, como la congregación de “ Carmelitas Descalzos “, …La misma canción “ Hay Carmela “, tan cantada por las tropas Republicanas durante la guerra civil,… No se estaban refiriendo con concreto al monte en sí, sino a un nombre propio. Por eso, te digo que, si uno llama Carmela a la Virgen del Carmen, está bien dicho; al igual que a la virgen del Pilar, si la dices La Pilarica; o la virgen del Rocío “ La Rociera.; o a La Dolorosa, a la virgen de los Dolores, etcétera.
Un saludo
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.