- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 12 Novembro 2012 12 Novembro 2012
Este venres 16 de novembro de 2012 participamos todos no Luar, o programa icono da Televisión de Galicia. Alí estará representando á Costa da Morte no concurso musical "Recantos" a camellana Andrea Rodríguez Romar. Enfrente terá unha dura rival provinte de A Guarda, cantante dunha orquesta e que conta co seu propio club de fans no Facebook. Non será fácil pero ca axuda de todos podemos levar en volandas a esta talentosa xove do noso concello, dotada dunha voz de ensono, cara o triunfo final. Para elo basta con chamar de forma masiva por teléfono durante a emisión do programa deste venres e votar por Andrea. Hai que empuxar entre todos para que todo este talento oculto que agocha a na nosa terra saia a borbotóns cara o mundo.
Apoiando á súa irmá e comenzando a que se prevé como unha dura batalla que tan só pode ter un final victorioso, visitaban na tarde deste luns 12 de novembro a redacción de Camarinas.eu Iria e Dina Rodríguez Romar. Aparte de solicitar a axuda do xigante cibernético da Costa Atlántica para unha pequena colaboración á que accedemos gustosos, como se sempre que se trate de apoiar as diversas iniciativas que redunden nunha mellora evidente do noso concello, traian con elas dous preciosos vídeos da súa irmá que sirven para imaxinar o que está por vir no Luar deste vindeiro venres: talento en estado puro. O primeiro dun programa realizado pola da TVG sobre unha obra de teatro onde Andrea canta o final do mesmo e o segundo dun intercambio en Irlanda no 2008 onde canta e lle fai os coros unha amiga. Para ir abrindo boca.
En todo caso debe contarse a entrañable historia que levou a nosa xove heroina camellana a participar en todo un concurso do Programa Luar. Andrea realmente case nunca canta en público, salvando ocasións moi especiais. Apuntouse a "Recantos" para tentar de perder o medo que sofre canto hai xente véndoa, xa que ela só canta na ducha ou algún día especial para relaxarse, pero sempre dentro de casa. Por elo, vendo o éxito do xa acadado, o único que esperan as súas irmáns é que cante igual que no fogar cando lle adica algunha canción ao seu sobriño, que o venres non se poña excesivamente nerviosa e que se acorde de felicitarlle o cumpleanos a seu sobriño. O tema que interpretará no Luar será unha mexicanada, "A feira das mil flores", de Jorge Negrete, imposta e versionada en galego polo programa icono da TVG. Finalmente e para ir coñecendo un pouco máis á esta talentosa e prometedora estrela televisiva publicamos parte do cuestionario que tivo que remitir ao "Concurso Recantos":
Nome : Andrea Rodríguez Romar
Recanto: Costa da Morte
Idade: 21
¿A que te dedicas?
4º ano do grao Comunicación Audiovisual en Pontevedra.
Música que che gusta:
Principalmente o folk: Luar na Lubre, Bellowhead, Gwendal, Kreposük
Rock/Heavy: Heredeiros da Crus, Astaroth, Mago de Oz, Tierra Santa
Pop: Malú, Despistaos, David de Maria, Luis Fonsi
¿Qué esperas de Recantos?
Conseguir non facer o ridículo, principalmente. Pese a que dende os 6 anos levo facendo teatro, e polo tanto expoñendome o público , cando se trata de cantar para mín é outro mundo. Se me presentei este ano foi porque quero ver se son capaz de enfrontarme de alguna maneira o medo que teño cada vez que canto en público. Para min non sería un premio chegar a final, para min o que de verdade sería un premio seria o non quedar sen alento no momento de cantar ante un público descoñecido.
Comentarios
Oinche cantar e falo perfecto asique xa sabes a dalo todo!!!
A ver se nos vemosss!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.