- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 11 Novembro 2012 11 Novembro 2012
Finalmente a ameaza de temporal non se materializou nun tifón asiático tal que predixera Camarinas.eu e o acto de homeaxe aos afogados do Barco da Súa Maxestade Serpente discurrío sen maiores atrancos. Asistiron ao evento (ademáis das clásicas ausencias navieras) o laxense José Manuel Pato como delegado en Galicia da Real Liga Naval Española, o Alcalde de Camariñas, os concelleiros Mari Carmen Linares e Sergio Caamaño e o noso querido amigo porteño Rafael Lema como representante do escritor Juan Campos , ausente por motivos de viaxe. Destacou asemesmo sobremaneira a presencia talentosa do Coro Municipal de Camariñas que interpretou unha honda e conmovedora versión da Canción do Serpent, a gran homenaxe musical inmortalizada polos versos e a música do Mestre Xosé Luis Blanco Campaña.
Despois dos discursos introductorios e como colofón ao acto, o Alcalde e José Manuel Pato colocaban unha coroa floral na fosa onde ficou enterrada gran parte da dotación da maior traxedia da que falan as crónicas mentras un violinista tocaba unha peza clásica. Todo elo contando ademáis ca presencia do único medio de comunicación en verdade comprometido co desenrolo do noso Concello, esto é, Camarinas.eu que desafiou aos elementos para dar fe xornalística como notario público do acto. E eso que chover non chovío, pero entalar, o frío entalou ata os osos. Pero ahí estábamos un puñado de valientes: ao pe do cañón (uns do institucional, outros do informativo).
Comentarios
pareceres o mas...non hay comparación.... ..potencia, voz, presencia, compenetración, tono,sensibilid ad,estilo, arte, tablas.....eche o que e e non hay mas ,cada carro ten o seu ruido,bueno o final tiño que decilo, cantares millor co coro da Coruña
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.