1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un clásico dos actos oficiais verá a súa edición do 2012 este sábado 10 de novembro. Ca presencia do Alcalde camariñán Pichurri, do Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española (¿?) José Manuel Pato González, do escritor Juan Campos e do Deseñador Antonio Pernas a partires das 22:30 e baixo o fondo musical do Coro Municipal darase cumprida homenaxe aos náufragos da maior traxedia marítima da Costa da Morte no entorno salvaxe do Cemiterio dos Ingleses. Sin un só representante das autoridades británicas, que se saiba. Tal vez e pasando por enriba de comparacións odiosas haia que preguntarse se na Gran Bretaña honran as pequenas vilas costeiras a aqueles mariños españoles, maiormente galegos, que se esnaquizaron contra as rochas británicas por mor dos elementos alá na expedición da Armada Invencible.

Tal vez, quen sabe, haia que replantexarse moi seriamente a oportunidade e conveniencia de actos deste tipo máis alá do seu valor turístico e publicitario (escaso ou nulo). Sobre todo se temos en conta que conforme ás prediccións un serio temporal para esas horas podería estar en marcha. Pero tamén pode ser que esteamos equivocados (seguramente). Con todo e para honrar á gloriosa tradición naval, pero sobre todo naviera, alá estará presente Camarinas.eu no acto en cuestión para inmortalizar a importacia de tal evento de cara a posteridade e aos séculos vindeiros. Eso, se o tifón non nos arranca das entrañas da terra cara ao mar impenetrable.

Comentarios   

juan Campos
0 # Homenaje a todos los náufragosjuan Campos 03/12/2012 20:00
El homenaje nació como un recuerdo humano y romántico a TODOS los náufragos de esta costa. Se escogió al Serpent por la belleza del lugar, el Cementerio y la duradera memoria que ha dejado. Lo más ajeno a mi idea era convertirlo en algo turístico o publicitario.
Juan Campos
Responder | Denunciar ante o administrador