Actividades do Casino de Camariñas para o Nadal

Imaxe da fachada do edificio onde se atopa o Casino de Camariñas
Imaxe da fachada do edificio onde se atopa o Casino de Camariñas

A Asociacición Cultural e Recreativa do Casino de Camariñas remíte unha carta co programa de actividades para este nadal 2007. Camarinas.eu quere colaborar con todas as asociacións do Concello de Camariñas e ofrécelle un espazo gratuito para publicar todas as súas noticias, actividades e comunicados que desexen sacar á luz.

A capacidade de difusión que camarinas.eu acumulou nos poucos meses que leva en funcionamento converténdose no diario on-line máis visitado da Costa da Morte ten que servir como vehículo difusor de toda a información que se poida xerar no Concello de Camariñas. Por iso creemos que as asociación existentes poden ter moito que decir no desenrolo cultural, deportivo, en fin, no desenrolo social do noso Concello. Por iso lles ofrecemos este diario, o máis visitado de toda a Costa da Morte, para difundir todas as súas actividades e notas de prensa. Para que as asociacións que o desexen poidan solicitar dita difusión, por favor, mandade un correo electrónico a esta dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Programa de Actividades:

  • 22 de Decembro: Baile co "Dúo Época"

  • 31 de Decembro: Baile de Fin de Ano co "Trío Eclipse" e o "Dúo Yesterday". Servirase chocolate con churros.

  • 5 de Xaneiro 2008: Baile de Reis co "Dúo Crisol"

  • 6 de Xaneiro 2008: Festival de Reis para os nenos. De 5 a 9 da tarde.

Engadir un comentario