- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Outubro 2012 29 Outubro 2012

E nembargantes, era fácil atopalos. Un deles atrincherado no Club Náutico, vivindo os seus últimos días, promete, ao estilo de "Los últimos de Filipinas" ou "Murieron con las botas puestas", caer en derradeiro acto de combate o 20 de novembro como un Errol Flynn de bigotiño enchoupado: abrazado a un dos bandeirotes do CNC mentras brigadas sucesivas de antidisturbios toman ao asalto o último dos seus reductos e lle quentan o lombo a base de trompadas e vergallazos (algunha patada tamén). O outro, amarrado por aquelo da falta de traballo a un ordenador, enchendo de comentarios o estercoleiro cibernético habitual e algún outro tamén, desquiciado, alonxado da realidade, para non oír os cantos de sirea, máis ben de cisne, que se aproximan inexorables. E mentras cada un destes dous muertos vivientes da política local se dedicaban ao seu quefacer diario, continuaban na súa perpetua fuxida cara adiante, no Faro Vilán eran entregados sendos cheques de 315 euros a Déborah Morate como presidenta de Cáritas de Camariñas e a Olga Seoane, como directora de Aspadex, como todo botín derivado da Feira Solidaria.
A realidade, ese perpetuo retorno, golpea duro ao fuhrer náutico. Como unha bomba de quinientas toneladas de quilotóns caían no seu mostacho enchoupado as palabras verquidas no CNC este domingo nunha mañán de camorras e ameazas ao mellor estilo dos vellos tempos da máis grandiosa e exitosa empresa de vixiancia e protección galega que viron os séculos: "ti cala, que che quedan cinco días no Náutico". Pero, con todo, posiblemente esto non sexa o peor que depararon estes tristes días crepusculares... Os días do afundimento definitivo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.