- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 25 Outubro 2012 25 Outubro 2012
Ese pequeno anaco de Concello de Camariñas, máis concretamente de Xaviña, enclavado en pleno corazón de Santiago de Compostela chamado Café La Quintana recibía na noite deste mércores 24 de outubro de 2012 unha visita moi especial. Nin máis nin menos que o home que ven de barrer nas Eleccións Autonómicas, o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo e o seu segundo no goberno galego e Conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda visitaban este emblemático local compostelán rexido dende hai máis de un ano e medio con abrumador éxito de público polo noso querido amigo Félix García Insua e o seu irmán, o abogado e Secretario do Club Náutico de Camariñas, Manuel Ángel.
Despois dunha agotadora e extenuante campaña electoral que o levou a revalidar de forma abrumadora a maioría absoluta e das esixentes reunións que a elo seguiron ao longo da semana, decididos a facer un alto e tomar un respiro os dous máximos dirixentes da política galega elixiron como non podía ser doutra maneira o local propiedade da Familia García Insua. Chegaban Feijoo e Rueda acompañados dun pequeno grupo de amigos pouco antes das doce da noite e, como calquer outro cliente, entraban ao local e departían aberta e amistosamente ca clientela mentras tomaban algo por espacio aproximadamente dunha hora para despois recollerse aos seus respectivos fogares. Non en van, este xoves 25 de outubro novas reunións e unha esixente axenda de traballo esperaban a ámbolos dous.
Nembargantes antes de abandoar o local que reina de forma incontestable na noite compostelana aproveitaron para acceder gustosamente a sacarse unhas fotos con dous vellos coñecidos de ambos como Manuel Ángel e Félix e cantos alí llo pediron ao Presidente Autonómico. A este respecto cómpre indicar que tal e como sinalara Camarinas.eu con motivo da visita presidencial ao CNC en xullo de 2009, atoparon unha persoa aberta, cordial e amable. Polo que se ve, ata os políticos de maior éxito, aqueles que acometen eleccións marcadas polo signo dunha presión sobrehumana, nas que tal vez o destino dunha nación ao completo, con todos os seus millóns de almas, está en xogo, necesitan de vez en cando tomarse un respiro. Para elo non pode existir mellor ambiente que o do Café La Quintana, o local propiedade de dous xoves xaviñáns de éxito: os irmáns García Insua.
Comentarios
Esta foto é incrìbel ¿que estarán a pensar desta foto agora o secretario do PP de Camariñas e Daniel Rego cando eles mesmos abriron expedente de expulsión á toda a familia García Ínsua por opoñerse estes á ocupación ilegal do náutico de Camariñas para beneficiar á filla? Seguro que algún xa ten a cabeza cortada hai tempo e outros están tentando manterse como poidan nese posto de secretario tratando de vender como unha victoria a pérdida de máis de 500 votos polo PP de Camariñas nas derradeiras eleccións autonómicas. Todos os que fomos votar o 20 de outubro e recorremos as diferentes mesas electorais vimos como a ausencia de Daniel Rego nas mesas electorais era evidente. Máis agora, con esta foto diante dos fuciños, da que pensar que o cambio no PP de Camariñas está xa xestado dende hai meses e que unha nova dirección chega con forza para dar unha volta de rumbo nunha política camariñana noxenta por parte do PP.
CAMELLE SempreGaliza
con Guti,con Amancio ¿Y que?con Moncho Borrajo,con Manuel Alonso de Leon ¿y que?con Fernandez Lage ,con Lendoiro¿Y que?La verdad no entiendo nada ,o sea me saco una foto con lendoiro en el colegio Liceo la Paz y ya estoy encontra de Paco Vazquez,vaia por deus,amen
vive la vida en libertad,yo puedo estar con una persona y llevarme muy bien y no ser del mismo partido o de la misma religion
yo solamente voy a mi pueblo ,la capital,Puente del Puerto,algun fin de semana, es el centro del universo,es la capital del mundo mundial,
por supuesto que no quiero ofender a nadie solamente uso mi libertad personal para decir cual es el pueblo mas grande ,mas importante del
planeta llamado TIERRA,VIVA A PONTE.mE ENCANTA EL CHOCOLATE CON CHURROS Y QUE ME LOS TRAIGA DANIEL REGO SEGURO QUE LO PASAMOS DE PUTA MADRE
esta en otros lados,pues venga,(DIEGO,ES TO NO ES PRENSA LIBRE)Y a mi me gusta la libertad,ahi os quedais que yo me borro de escribir nada en este satelite del ayuntamiento,bu sca la verdad,.Chau.es cribe lo que quieras que yo no puedo seguir,pues tendria que entrar en los insultos
Eu non creo que o PP sexa millor nin peor que o PSOE, pero as persoas si e Dxxxxxxxx e impresentable.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.