1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os rapaces do insti pasarono pipa nesta Marcha da Convivencia

QUE MARCHA HAI NO INSTI! Está claro que somos un 'insti' con moita marcha. No primeiro intento non puidemos saír, que o tempo non o permitía. Pero nós non  podiamos permitir que o tempo nos deixase sen saída, así que... este xoves alá fomos. Ata Balarés, un pouco a pé e un pouco andando. Nada se nos resiste, asfalto, dunas, pedras, monte, praia... Pasámolo ben, (eu polo menos) o ambiente estivo fenomenal e só lamento terf perdido ao brilé. Pero xa me vengarei noutra ocasión! Fallounos un pouco o mar, que xa estaba un tanto invernal, pero seguro que nalgunha outra tamén haberá baño.

FONTE: BLOG DO IES PEDRA DA ÁGUIA DA PONTE DO PORTO

Engadir un comentario