1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
 Dentro da memoria audiovisual do Concello de Camariñas se hai documento de valor excepcional, filmado no seu momento cunha profesionalidade exquisita, montado na fase de posproducción ca dilixencia propia dun orfebre e cun contido, en definitiva, inmortalizador dunha profesión, dun lugar e dunha época, ese foi o documental dos percebeiros de Santa Mariña grabado pola TVG alá polo ano 1999. Vinta e oito minutos de reportaxe que indaga na alma e conviccións que animaban nun coqueto recuncho da Costa da Morte a un pequeno grupo de profesionais a xogarse o pelexo ante o máis terrible dos mares.

Non foi ata data moi recente, na que por mor dun desprazamento (como case sempre) realizado baixo o imperativo das ineludibles obrigas profesionais, Camarinas.eu constataba con preocupación como aquelo que se convertira nun dos seus grandes estandartes circulaba en Santa Mariña tan só nunha única versión DVD mentras o resto da veciñananza continuaba visionando alladas e vetustas cintas de vídeo. Ante elo o medio de comunicación máis seguido da historia da Costa Atlántica, aquel que representa como ningún outro un concello e as súas xentes, toma cartas no asunto e leva de modo multitudinario este documento gráfico excepcional aos fogares de todos aqueles aos que lles circule unha soa gota de sangue camariñana polas veas ao longo deste volteado mundo. Así, poderán contemplar cun deixe de nostalxia como os nosos queridos amigos Hermindo, Leopoldo, Marcos, Antonio...se desenvolvían alá trece anos máis novos, intrépidos, xuvenís. Trece anos, cáseque todo un mundo.

Comentarios   

E logo ti de quen es
+11 # Precioso, comparto.E logo ti de quen es 15/09/2012 18:15
Precioso video, coamparto, gracias. Un saludo Tino Rogero Figueiras.
Responder | Denunciar ante o administrador
Emiliano Mouzo
+10 # ExtraordinarioEmiliano Mouzo 17/09/2012 14:02
Enhorabuena a todos los que hicisteis posible este maravilloso reportaje.
Responder | Denunciar ante o administrador