1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Isabel e Yarmi, dous xóvenes namorados que contraen matrimonio este sábado 1 de setembro

Este sábado 1 de setembro de 2012 é sen dúbidas un día importante para o veciño da Pista, agora reconvertida en avenida, a Mourín Pepe Rey:  a súa pequena Isabel cásase. Filla deste querido amigo e usuario de Camarinas.eu e da tristemente falecida Isabel Pouso, Isa como boa buriana contrae na Igrexa Parroquial de San Xurxo sagrado matrimonio a partires das 13:00 horas con Yarmi, fillo de Armindo e Carmen de Santa Mariña. Unha voda entre dous xóvenes de pouco máis de vinte anos que viven e traballan xuntos como percebeiros na recoleta Santa Mariña que terá continuación cun esplendoroso ágape nupcial no restaurante Pastoriza de Vimianzo. Como non podía ser doutra maneira o fotógrafo elexido para inmortalizar tal unión foi Diego Alonso Freire que na súa web www.diegoalonso.es pon a disposición dos seus lectores o libro de firmas que se mostrará no convite. Unha unión en definitiva entre dous xóvenes do noso concello que irradian unha felicidade que sen dúbidas extenderán a tódolos participantes no seu enlace. ¡¡Felicidades parella!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.