A familia de Francisco Pereira e María Carmen Fernández  este sábado pasado no ArnelaEste pasado sábado 28 de xullo de 2012 tiñamos o privilexio de asistir aquí en Camarinas.eu a un feito nada habitual para os tempos que corren.  O Señor Francisco Pereira e a Señora María Carmen Fernández, Chuco e María tal e como son coñecidos popularmente en Camariñas e Xaviña, celebraban que en tal data había xusto cincuenta anos atrás, alá polo 1962, unían as súas vidas en santo matrimonio, unha unión que daría os seus frutos con tres fillos varóns e uns cantos netos, os cales prácticamente na súa totalidade acompañaban a este gran exemplo de amor e convivencia en tal efeméride. E para elo acudían ao Hostal Puerto Arnela para desfrutar por todo o alto cunha cea en familia. Aínda de moi bo ver ata tal punto que un podería pensar que o que se celebraba era a voda de prata e non a de ouro, seguro que esta feliz e namorada parella non puido evitar emocionarse ao celebrar tan importante evento acompañados do calor e do cariño dos seus. Auténtico exemplo a seguir nestes tempos de relatividade, de relacións fugaces e pánico a asumir a responsabilidade e o compromiso, non nos queda aquí en Camarinas.eu máis que felicitalos e desexarlle polo menos outros 25 anos máis de feliz matrimonio.

Chuco e María, cincuenta anos de amor e convivencia

Comentarios   

Dolores Rojo
+2 # RE: Vodas de Ouro de María e ChucoDolores Rojo 03/08/2012 13:48
Muchas felicidades des Argentina y por muchos años màs!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # RE: Vodas de Ouro de María e Chucodiegoalfr 07/08/2012 15:44
Felicidades a Chuco e Mari CArmen por ese 50 aniversario tan ben levado en compañía de toda a súa familia. O dito, felicidades!
Responder | Denunciar ante o administrador