1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dous madridistas en acción: Manolo Sanchís posa con Gaby CalvoPor terceiro ano consecutivo, o ex xogador do Real Madrid Manuel Sanchís Hontiyuelo, líbero, central ou mediocentro que comandou durante tantas tempadas ás tropas brancas cara a victoria, visitou Camariñas para delirio dos madridistas locais. Chegaba dende o sur galego no seu iate de 11,95 metros de eslora "Roraima" este martes 31 de xullo de 2012 e atracaba nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas no que xa ven sendo unha estampa tradicional do estío camariñán, como a de velo paseando polo noso Paseo Marítimo, saboreando as delicias gastronómicas do Hostal Puerto Arnela ou encamiñándose a comprar na mañán veraniega a prensa deportiva na Librería Bolboreta.

Alí Sanchís atoparíase con dous entusiastas madrididistas, asiduos clientes do gran templo emblemático do Real Madrid na Costa da Morte, o Café Bar José Manuel, nos días de partido: Juan Calvo e o seu fillo Gaby, o cal actualmente forma parte da plantilla do Porteño FC e que non puido escapar á tentación de fotografiarse cun xogador que o foi todo para a Gloria Blanca, gran capitán durante tantas tempadas cargadas de títulos (e dalgún que outro ridículo tamén) e que actualmente desenrola labouras de comentarista deportivo para Televisión Española. Igual, pola súa xuventude, Gaby non chegou a ver moito a un futbolista todo calidade,  de clase, elegante cos balóns nos pes e dun comportamento exquisito e educado tanto cos árbitros como cos rivais. Uns comportamentos que agora, unha vez xa retirado, presiden a actitude dun dos madridistas máis exitosos da historia, ao cal nunca lle falta un sorriso para fotografiarse amablemente con todos aqueles que se achegan a esta celebridade que resultou ser todo un enamorado de Camariñas.

Engadir un comentario