1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os chavales do insti pasárono pipa pintando os murais

Están os de Plástica do IES Pedra da Aguia que non paran. Con Javier ao frente atacan canto atopan ao seu paso. Empezaron polas portas de clase, como podedes ver, e logo, non contentos con eso (afortunadamente) "atacaron" o muro de entrada do instituto porteño, que estaba tan tranquilo e agora, día si e día non, vese "invadido" por alumnos armados con pinceis, pintura e gañas de deixar constancia do seu paso por aquí. Eu non quero dicir nada... pero voulle tirar a picada a Javier e discípulos de que collo número e me poño na cola, que a entrada da biblio está un pouco triste, e pode que o próximo ano...

Fonte: Blog do IES Pedra da Águia

Engadir un comentario