1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O noso colaborador Xoán Ramón Carballo exerceu de cicerone dos enxeñeiros vigueses polas nosas terras

Na recente ponte do Día das Letras Galegas, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo decidío organizar unha viaxe de lecer. Sendo un dos seus membros o noso querido colaborador Xoán Ramón Carballo Alvite a visita ao verxel natural do Concello de Camariñas era obrigada. E así foi na realidade, tras pasar pola elefantiástica Cidade da Cultura, o itinerario serpenteou costa arriba dende Muros e Noia ata a Punta do Roncudo na así chamada Ruta dos Faros, facendo un alto no camiño nas nosas terras. Da man de Xoán Ramón como inmellorable guía os enxeñeiros vigueses visitaron o máis fermoso dos faros, os areais de Reira, o Cemiterio dos Ingleses e Camelle. Despois, xa de volta para as Rías Baixas, como mellor forma de dixerir relaxadamente tanta beleza, achegáronse polo Grove para templarse nas augas termais do Hotel Balneario da Toxa. ¡Pero que ben se está, cando se está ben!

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, co gallo da ponte das letras galegas, organizou unha viaxe chamada Ruta dos Faros, da que tódolos viaxeiros quedaron altamente satisfeitos. No primeiro día visitámos a Cidade da Cultura onde o arquitecto americano Peter Eisenman ten encontrado o monte Gaiás para proxectar e construír un faraónico complexo do que ademais das Torres Hejduk agora mesmo están acabados dous edificios, o Arquivo e maila Biblioteca. A visita era obrigada, por que xa no ano 2007 tiñamos estado alí, en pleno proceso de construción, e tiñamos quedado impresionados pola magnitude da obra; o xigantismo do proxecto, antes e agora, quizais sexa a súa condición mais relevante. Desta vez, nunha excelente visita técnica, guiada, da man e da palabra dunha elocuente guía de nome Sausan, puidemos examinar con detalle os mais variados aspectos da obra que está chamada a singularidade. A polémica sobre o proxecto e a construción da Cidade da Cultura está servida de antemán. Os custes da inversión feita so son comparables os que aínda faltan por facer. Ós esforzos económicos invertidos no continente, hanse de engadir ós que faltan por atopar, para encher de contido aqueles espazos agora semivaleiros. Monumental e xigantesca a Cidade da Cultura que ogallá deixe algún día de ser unha faraónica utopía.

Pola beira dereita da ria de Noia e Muros percorremos disfrutando da paisaxe que nos levou ate o Ézaro, onde o Xallas, é o único rio que na costa atlántica de Europa, remata en fervenza. Achegámonos ate Fisterra, onde ademais de contemplar as marabillas da fin do camiño, puidemos saborear os froitos do mar no singular Tira do Cordel. Muxía e a Virxe da Barca, coas obrigadas voltas as pedras de Abalar e dos Cadrís, valeron para admirala fermosa ria de Camariñas que se ergue enfronte, coa imaxe inesquecible do faro Vilán e ermida da Virxe do Monte. En San Xián de Moraime e Cereixo puidemos admiralo románico desta bisbarra.

O día tiña aínda por diante unha visita especial: Camelle e mailo museo Man. Quen mais quen menos tiña oído falar de Man, o alemán de Camelle, pero moi poucos coñecían de preto a súa obra, o seu espazo natural, a súa filosofía de vida, a súa teoría do punto (todo comeza e remata nun punto) o seu compromiso coa natureza coa que estaba cinguido profundamente. Todo iso estivo presente na agradable visita que fixemos ao museo de Man sempre guiados con mestría por Mercedes Martín, quen nos mostrou na casa da Cultura o legado do artista que alí se recolle: bibliografía e manuscritos, anotacións orixinais, gráficos, traballos e lembranzas dun xenio artístico que pasou por Camelle onde viviu corenta anos en liberdade, deixando constancia dunha personalidade que non sempre foi ben entendida. Lamentable o estado no que se atopa o que foi a súa xoia mais prezada, o seu lar de anacoreta, de artista solitario dotado dun inxenio e unha creatividade excepcional. Lamentable que transcorridos dez anos do seu pasamento, ningunha institución se teña ocupado de por en valor un legado tan importante coma o de Manfred Guandinger, a pesares de que o artista deixou preto de 120.000 € dos que a oficialidade nunca dou contas nin rastro.

O maxestuoso faro Vilán e o seu entorno terrestre que nestas datas exhibe un tapizado natural, cunha alfombra vexetal multicolor, digna da mellor paleta do holandés Van Gogh; o borde do litoral marítimo coa beleza do espazo natural de Reira, areal rampante de Monteblanco, costa de Trece, cemiterio dos ingleses, Serpent, pedras milenarias moldeadas polo bater do vento e auga, que asemellan diversas morfoloxías animais,... son todas elas imaxines que dificilmente esquecerán os  afortunados viaxeiros que de seguro volverán a visitar estas prezadas terras.

A ruta dos Faros completouse co televisivo Portazás, onde disfrutamos da acollida e excelente atención nun hotel a beira da Praia de Laxe, pasando logo por Ponteceso, O Roncudo, Dolmen de Dombate, etc. A experiencia completouse na relaxante estancia na illa da Toxa, con sesión de talaso e con almorzo no Pazo Baión. E todo elo sen sair de Galicia, ... mellores sitios, non hai.

{phocagallery view=category|categoryid=868|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

Beldoña
+1 # PARABÉNSBeldoña 27/05/2012 17:30
Parabéns, Xosé Ramón, soubestes escoller ó mellor dos paraísos que temos na terra.

OS PENOUCOS DO MEU POBO

Dende as alturas se desgaxan
penoucos da nosa montaña,
ó moer rochas caprichosas
polas cimas que o vento amaña.

Vertedeiros de augas pretas
que os mares atesouran nas praias;
choromica que vai calando
polos recunchos das atalaias.

Laídos dos cumios mais vellos
coas desfeitas da montaña;
sangre viaxeira polas venas…
¡ garbosas cañadas de España !

Espalladas flores marelas,
piñeiros de cativas tallas
deitados ca forza dos ventos
pingando sobre areas brancas.

E, os mares, que esbouran por bordar
a ría con fermosas calas,
sen parar de subir e baixar
enredando, a vez, con tantas praias.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador