Don Jesús xunto ao Alcalde Pichurri na recente procesión de San XurxoSegundo puido saber Camarinas.eu este xoves 3 de maio de 2012 era sometido a unha intervención quirúrxica na espalda nun hospital coruñés o Cura párroco de Camariñas Don Jesús Nieto Baneira. A operación foi todo un éxito e Don Jesús recupérase de forma satisfactoria, nembargantes elo obrigaralle a estar de baixa aproximadamente por espacio dun mes, período durante o cal suplirán as súas obrigas pastorais o párroco de Xaviña Don Mario en Camariñas e Don Pedro de Cereixo na Ponte do Porto. Tratábase dunhas molestias que o cura camariñán viña arrastrando dun tempo a esta parte e que finalmente acabaron determinando a pequena intervención acometida este xoves na cidade herculina. Deste xeito non queda máis que felicitarse polo éxito da operación e desexarlle ao noso querido e respetado Don Jesús, persoa boa, tolerante, sensata, experta coñecedora do seu maxisterio, o máis pronto e satisfactorio retorno á súa parroquia.

Engadir un comentario